Galicia
O BNG pide ao Parlamento investigar a “avalancha eólica”
Luís Bará denunciou o “perdón” da Xunta a Greenalia, “unha empresa das portas xiratorias” que non pagou os 11,7 millóns de euros aos que se compremetera nese momento. “Queremos saber se ese procedemento se levou ao cabo con outras empresas que foron adxudicatarias do concurso do ano 2010”, esixiu
O BNG levará ao vindeiro Pleno do Parlamento a creación dunha comisión de investigación "para investigar a política eólica do Goberno do PP nos últimos 12 anos e que xa está a ser contestada nos tribunais, con numerosas sentenzas de anulación de parques eólicos que contaron co beneplácito dos Populares". Ademais, esta comisión tamén investigaría a condoación de 11,7 millóns de euros a Greenalia por parte da Xunta.
A formación nacionalista quere denunciar, deste xeito, “o cúmulo de irregularidades” en numerosos proxectos como o da Serra do Iribio, no concello de Samos, ou o do parque de Sasdónigas, no concello de Mondoñedo, “e doutras outras moitas suspensións cautelares doutros proxectos postos en tramitación polo Goberno do PP”, denunciou o portavoz de Medio Ambiente, Luís Bará. Trátanse, explicou, de “feitos moi graves” como o incumprimento do previsto no concurso eólico do 2010, “que foi vendido como o maior plan industrial da historia de Galiza, con 6000 millóns de euros de investimento e a creación de 12.000 postos de traballo que non se cumpriron”.
O deputado do BNG tamén puxo o foco no “perdón” que a Xunta lle fixo á empresa Greenalia cun custo de ate 11,7 millóns de euros das arcas públicas dos galegos e galegas, “uns feitos extraordinariamente graves” aos que se lles suma que o Goberno do PP eximira ás empresas eólicas do desenvolvemento de plans industriais e tamén do pago de cantidades económicas e a monetarización deses plans industriais, deberes que estaba comprometidos no concurso eólico do 2010.
O BNG, detallou o portavoz de Medio Ambiente, quere coñecer se ese procedemento se levou ao cabo con outras empresas adxudicatarias do concurso do ano 2010 “no que se prevía un pagamento por parte das empresas de ate 1600 millóns de euros do que non sabemos nada”, criticou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102