VIGO
A Xunta aproba o proxecto da 2ª fase de humanización da Avenida de Galicia en Teis
Autorízanse as expropiacións para esta nova actuación na PO-323, que completará as obras da 1ª fase no treito desde a avenida da Mariña Española ao IES de Teis, con 2,45M€ de investimento e cuxo inicio se prevé na segunda quincena de abril
O Consello da Xunta acordou nesta semana a aprobación do proxecto de construción das obras da 2ª fase do proxecto de humanización da avenida de Galicia, completando así a remodelación para os veciños deste eixo vertebrador da parroquia de Teis, no Concello de Vigo.
O investimento que o Goberno galego destinará a esta 2ª actuación na estrada PO-323 será de 4,1 M€, no que se inclúe o pagamento dos 54 predios necesarios para a execución desta nova intervención nesta estrada da Xunta, vía de entrada na cidade.
A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Goberno galego leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta nova intervención, que ten como obxectivo fomentar a mobilidade sostible na zona.
Esta nova intervención completará as actuacións, xa licitadas e en fase de análise de ofertas, da 1ª fase de humanización desta vía no treito de 500 metros que vai desde a avenida da Mariña Española ao IES de Teis, cun investimento da Xunta de 2,45 M€. Prevese que as actuacións desta 1ª fase comecen na segunda quincena do vindeiro mes de abril.
Máis concretamente, esta 2ª fase de humanización da PO-323 céntrase no treito de 1,56 quilómetros comprendido entre o límite municipal de Vigo co municipio de Redondela ata o IES de Teis, tendo como obxectivo o reforzo da seguridade viaria, priorizando os peóns, nesta vía de acceso á cidade con características urbanas.
O proxecto deseñado polo departamento de Infraestruturas da Xunta configúrase para fomentar a mobilidade segura e sostible, así como para mellorar a mobilidade interna na cidade de Vigo, para o que se realizarán conexións coa trama urbana de beiravías existentes e con itinerarios alternativos, como a senda da vía verde.
Nesta actuación incluirase a reposición de pavimento dos itinerarios existentes, a execución de zonas de aparcadoiros e a habilitación de pasos peonís sobreelevados nas interseccións que permitan a interconexión con outros itinerarios peonís. Nas zonas onde o espazo dispoñible o permite disporase arborado.
Ademais, non se prevén cambios sobre o trazado en planta, senón unha redistribución das seccións para habilitar itinerarios e os elementos funcionais, e tamén se mantén a rasante da estrada existente.
Novos aparcadoiros e 75 prazas máis
En canto aos novos aparcadoiros, está previsto dotar tres novas zonas cun total de 167 prazas, o que unido ás prazas que se conservarán nas marxes da estrada, implica que haberá 273 prazas no ámbito da obra. Así, gañaranse 75 prazas con respecto ás 198 actuais, un incremento do 38%.
Tras a análise das achegas recibidas, procederase a retranquear o saínte da vivenda no número 293 da avenida de Galicia, igualándoo coa aliñación da edificación contigua. Tamén se valorará a expropiación do terreo e a expropiación da parte da vivenda a demoler, e incluirase a reconstrución do resto da vivenda, dentro das obras a realizar.
Como resultado das alegacións, tamén se levará a cabo o reforzo da semaforización no acceso ao Colexio Público San Salvador e a mellora de instalación semafórica no cruzamento entre Baixada á Rotea e a avenida de Galicia.
A Xunta impulsa esta actuación ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration-EU.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitará as obras no mes de marzo, e convocará o levantamento de actas previas das expropiacións no segundo trimestre deste ano, co obxectivo de comezar os traballos no outono. A actuación ten un prazo de execución de 14 meses.
O Goberno galego continúa traballando no mantemento e mellora da rede viaria autonómica co fin de reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios.
En concreto, a Xunta leva investido desde abril de 2009 na rede autonómica de estradas en Vigo máis de 25 M€; coa 2ª fase da humanización da PO-323 superaranse os 29 M€ de investimento; e sumada a achega para a mellora da mobilidade peonil e ciclista no borde portuario da cidade acadaríanse os 32,6 M€ investidos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58