Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 16:06:21 horas

Xornal21.es
Viernes, 24 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta aproba o proxecto de 2 aparcadoiros disuasoriosen Marín e Nigrán

Construirase un aparcadoiro de 82 prazas na zona de Ameal, nas inmediacións da Variante de Marín e da vía provincial EP-1202, e outro de 72 prazas en Nigrán, no enlace da PO-340 coa autoestrada do Val Miñor

O Consello da Xunta aprobou onte o proxecto de trazado para a execución de dous aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido, asociados á implantación de zonas de baixas emisións, nos concellos de Marín e Nigrán, que suporán un investimento de case 1,3 millóns de euros.


O Goberno galego dálle así luz verde ao impulso destes aparcadoiros, que ofrecerán en conxunto un total de 154 prazas de estacionamento.

 

Un dos aparcadoiros localizarase na contorna do núcleo de Ameal, no concello de Marín, e contará cun investimento de 610.630 euros.

 

Esta actuación, nas inmediacións da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202, disporá dunha superficie de 3.000 m² e dun total de 82 prazas, 79 en batería e 3 en liña. Tres desas prazas serán para persoas con mobilidade reducida e haberá preinstalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.

 

As prazas de aparcamento terán unhas dimensións de 2,5 por 5 metros, mentres que os carrís de circulación interiores disporán de 4,2 metros de anchura cun só sentido de circulación. Paralelamente, haberá itinerarios peonís de 1,8 metros de anchura para garantir unha mobilidade segura no seu interior, zonas de arborado e alumeado público e, no bordo, as correspondentes beirarrúas.

 

Ademais, a petición do Concello, o proxecto incorporará a disposición dunha marquesiña para facilitar o acceso e espera das liñas de autobús neste punto.

 

O segundo aparcadoiro previsto habilitarase en Nigrán, concretamente no enlace da estrada PO-340 coa autoestrada do Val Miñor e adxacente á peaxe da saída A Ramallosa-Gondomar.

 

Este aparcadoiro disuasorio, con 72 prazas e un investimento de preto de 685.000 euros, reservará 2 prazas para persoas con mobilidade reducida e disporá da preinstalación para 3 puntos de recarga para vehículos eléctricos.

 

Este novo aparcadoiro, que busca facilitar o emprego do vehículo compartido e reducir a presenza dos coches no centro da vila, situarase na zona próxima ao punto quilométrico 8+800 e contará cunha superficie total de 3.500 m².  

 

Contará, ademais, dunha franxa perimetral interior adxacente ás prazas para os itinerarios peonís e carrís de circulación dun mínimo de 3 metros de ancho e de sentido único.


 
No centro do aparcadoiro e na zona norte proxéctanse zonas verdes para a colocación de arborado e alumeado, que irán separadas das prazas por un bordo.

 

Ademais da aprobación do proxecto de trazado, o Consello da Xunta tamén autorizou hoxe os expedientes de información pública destas dúas intervencións.

 

Estas actuacións forman parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles, aos que destinará este ano 29,3 M€.

 

No marco destes proxectos, a Xunta inclúe os aparcadoiros disuasorios, as sendas nas contornas das grandes cidades, a mellora da seguridade e da accesibilidade nas paradas de autobús nas estradas autonómicas ou os investimentos nas estacións intermodais, como a da Coruña, agora mesmo en execución.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.