Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 26 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
MONDARIZ BALNEARIO

Marisa Domínguez: “Construiremos xuntos un Mondariz-Balneario aínda mellor”

López: “Marisa coñece perfectamente as necesidades e as demandas dos seus veciños e ten unha gran capacidade de traballo para garantir que este concello manteña os servizos, equipamentos e infraestruturas de primeiro nivel”

A candidata do PP á alcaldía de Mondariz-Balneario, Marisa  Domínguez, sinalou  que o 28 de maio pódese facer historia elixindo á primeira muller en ser alcaldesa de Mondariz-Balneario.

 

Foio pasado venres, no Auditorio municipal, durante a súa presentación ante os veciños, acto que contou coa participación do presidente provincial, Luis López, e do alcalde, José Antonio Lorenzo. “Á política vense aprendido da casa, os Gobernos non están para facer experimentos”, sinalou Domínguez, ao tempo que puxo en valor todo o traballo feito polo Partido Popular en Mondariz-Balneario. “Mentres outros soñan, nós construímos”, e aposta por “un concello que continúe en ascenso, desenvolvéndose, con grandes servizos que garantan calidade de vida aos nosos veciños. Este é o meu compromiso e o do equipo que me acompaña”.

 

Así, durante a súa intervención agradeceu á xunta local que apostasen por ela para liderar este importante reto, e enxalzou o traballo feito por José Antonio Lorenzo, “cunha dedicación absoluta a Mondariz-Balneario”.

 

A candidata popular afirmou que “temos un concello orgulloso da súa historia, e traballaremos para seguir mellorando e adaptarnos aos novos retos. Construíndo xuntos un Mondariz-Balneario aínda mellor, moderno e á vangarda, con servizos de calidade para maiores, nenos e mozos”.  

 

Pola súa parte, Luis López destacou que Marisa e o seu equipo “xa demostran cada día o seu cariño por este concello, coñecen perfectamente as necesidades e as demandas dos seus veciños e teñen unha gran capacidade de traballo e saben xestionar e conseguir os investimentos necesarios para garantir que este concello manteña os servizos, equipamentos e infraestruturas de primeiro nivel”.

 

Amosouse convencido de que se continúa “co ritmo de traballo, de proximidade cos veciños e de participación na vida do partido que ata o dea gora”, cando sexa alcaldesa, “este concello vai ter unha magnífica rexedora que proseguirá co legado de José Antonio Lorenzo”. Porque, engadiu, “Marisa encarna un proxecto de continuidade para Mondariz-Balneario, porque as cousas ben feitas convén que sigan indo polo mesmo camiño”.

 

Agradeceu tamén o legado do alcalde, José Antonio Lorenzo, “que enarborou con orgullo e moita educación e intelixencia a bandeira do PP, e que converteu ao concello máis pequeno da provincia no máis bonito e admirado de Galicia. Mondariz-Balneario non se entendería sen a túa xestión, sen o teu traballo, a túa adicación e a túa visión de futuro”.

 

Por último, pediu aos asistentes “un esforzo nas próximas semanas porque todos queremos revalidar o goberno local cunha clara maioría absoluta para continuar coa magnífica herdanza de todos estes anos”.

 

Xunto con Marisa, tamén formarán parte da candidatura Carlos Abril, concelleiro desde hai 16 anos e con ampla experiencia en xestión pública; Andrea Arjones, presidenta das ANPA e impulsora de actividades veciñais e culturais; e o mozo Pablo de La Fuente, técnico deportivo. O resto da candidatura irase anunciando nas próximas semanas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.