GALICIA
Rueda destaca o potencial dos sendeiros con bandeira azul para atraer viaxeiros
O presidente da Xunta interveu no acto de entrega de bandeiras aos 104 sendeiros azuis galardoados pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac)
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o potencial dos sendeiros con bandeira azul para atraer viaxeiros e fortalecer o sector turístico. Subliñouno no acto de entrega destes galardóns aos 104 sendeiros azuis recoñecidos pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), que tivo lugar hoxe na Cidade da Cultura, e ao que acudiu acompañado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.
No acto, Alfonso Rueda agradeceu que a Comunidade galega fora elixida como anfitrioa para a entrega destes distintivos que recoñecen os valores naturais e patrimoniais de 600 quilómetros a través de dez Comunidades autónomas: Illas Baleares, Canarias, Estremadura, Valencia, Murcia, Cantabria, Asturias, Andalucía, Cataluña e Galicia, que lidera a clasificación.
O presidente da Xunta subliñou que Galicia “é o Camiño” por riba de todo, pero que tamén está atravesada por centos de sendeiros que tecen unha rede que identifica á Comunidade coa natureza na que vive e coa que convive. Alfonso Rueda animou a coñecer os sendeiros galegos e a coidar os que forman parte do Camiño tamén fóra de Galicia, como patrimonio de todos: “Somos un destino global”, recordou.
O presidente da Xunta destacou o labor da entidade que desde o ano 1982 abriu o camiño destes galardóns e subliñou que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor favorece o encontro de diversas Comunidades autónomas que se dan a man a través duns sendeiros que axudan a descubrir ou a redescubrir paisaxes que levan o selo de calidade ambiental pola súa protección da flora e da fauna e por contar con hábitats de interese comunitario. Rueda indicou, ademais, que este coidado do medio ambiente non só é compatible coa actividade económica, senón tamén complementaria, sobre todo no sector turístico.
Galicia, no cumio da clasificación
Galicia é a Comunidade autónoma que conta con máis galardóns (35 dos 104 entregados hoxe), seguida pola Comunidade valenciana (22) e Andalucía (14). Sanxenxo é, ademais, o concello español con máis sendeiros azuis (7).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102