SALCEDA DE CASELAS
Salceda pon en marcha o Plan de Formación para persoas desempregadas
Este Plan de Formación deseñado dende a concellería de Emprego e formación que dirixe a alcaldesa Verónica Tourón, esta orientado a mellorar a capacitación profesional das persoas desempregadas en eidos estratéxicos para mellora do seu perfil laboral e profesional.
O Plan comeza o vindeiro martes 28 de febreiro dará comezo no CDL de O Torrón co inicio do curso de “Manipulador de Alimentos”.
Ademais, esta aberto o prazo de inscrición no curso de “Administración Electrónica”, que é demandado por moitas persoas e que dará a coñecer fórmulas para a tramitación electrónica coas distintas administracións públicas, nun momento no que estes coñecementos son indispensables na vida cotiá das persoas. Necesidade que se amplia no caso da procura de emprego das persoas desempregadas e o contacto coas empresas. Este curso impartirase entre o 7 e o 30 de marzo.
Para completar este primeiro bloque do Plan de Formación impartirase entre o 10 de abril e o 2 de maio o curso “ Preparación de pedidos” cuxa inscrición se abrirá o 20 de marzo. Esta formación é altamente demandada polas empresas da contorna.
Verónica Tourón alcaldesa e concelleira de emprego incide na importancia da formación para mellorar a empregabilidade e aumentar as posibilidades de atopar un emprego por parte das persoas desempregadas. Dende a administración local marcámonos como obxectivo principal as políticas de creación de emprego e formación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58