GALICIA
COGAMI crea unha unidade para prestar apoio ás persoas que traballan en centros de emprego
Apoio psicolóxico para afrontar situacións de estrés laborais ou persoais, mellorar as relacións laborais, información sobre axudas, prestacións e a solicitude da tarxeta de discapacidade e como mellorar a accesibilidade da vivenda, foron algunhas das necesidades derivadas á Unidade
COGAMI cubre o circuíto integral no emprego apoiando tanto ás persoas que o demandan como ás que traballan en centros especiais de emprego, iniciativas sociais que proporcionan traballo a persoas con discapacidade facilitando a integración laboral no mercado de traballo ordinario.
A área de Emprego de COGAMI, ademais de informar, asesorar, orientar e formar ás persoas cando están na busca de emprego, tamén apoia ás que xa lograron esta inserción laboral. Isto faino a través dunha Unidade de Apoio, un servizo que inicia en setembro de 2021 tendo por obxectivo axudar ás persoas durante a súa incorporación nos centros especiais de emprego e tamén para o mantemento dos seus postos de traballo.
Dende que iniciou, esta Unidade atendeu un total de sesenta e cinco persoas traballadoras, tanto dos centros especiais de emprego que integran COGAMI Empresarial como tamén doutros que son alleos á Organización.
Financiada polo Fondo Social Europeo, a través dunha convocatoria da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES), esta unidade está formada por unha psicóloga e unha traballadora social, ademais de contar co apoio da área de emprego de COGAMI. Ata esta unidade deriváronse necesidades de tipoloxía diversa, como apoio psicolóxico para afrontar preocupacións persoais e o afrontamento de situacións de estrés.
A través da organización de obradoiros de comunicación, prestouse apoio ás persoas traballadoras na mellora das relacións entre compañeiros e compañeiras, tratando de afianzar as habilidades sociais e diminuír malos entendidos. Outros apoios prestados a través da Unidade de COGAMI foron no posto de traballo para optimizar o tempo, para a busca de recursos, información sobre axudas e prestacións, a tarxeta de discapacidade, axudas para o alugueiro, para a mellora da accesibilidade da vivenda, para actividades de lecer e poder ampliar as relacións sociais.
A Unidade de Apoio estará en funcionamento ata o mes de agosto para recibir as necesidades de calquera centro especial de emprego. Pódese contactar co equipo técnico a través do teléfono 981 574 698 ou enviando correo a sil@cogami.gal. O primeiro contacto entre o equipo técnico e a persoa será unha entrevista inicial para coñecer cada persoa e analizar as súas necesidades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111