Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 24 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

A bandeira de Mos chegará ao Polo Norte

A cuarta expedición de Compromiso coa Terra de Chus Lago, na que participan a mosense Vero Romero xunto con Sechu López e Silvia Casar, percorrerá 200 quilómetros polo lago Torneträsk en Laponia

Esta mañá celebrouse no Concello de Mos a presentación do novo proxecto “COMPROMISO CON LA TIERRA 2023. 4ª EXPEDICIÓN POLAR CHUS LAGO. DEPORTISTAS POR EL HIELO”.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañou na presentación a CHUS LAGO, que participou en videoconferencia desde Houston, aos MEMBROS DA EXPEDICIÓN: VERO ROMERO, SECHU LÓPEZ E SILVIA CASAL. CARMEN Pérez Orge PRESIDENTA DE MONTAÑEIROS CELTAS. FERNANDO Fernández Rey VICEPRESIDENTE DE MONTAÑEIROS CELTAS. Ana Ulla, Primeira Catedrática Astrofísica da Universidade de Vigo, Daniel Boubeta, Investigador da Universidade da Coruña, do Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial que entregará ao equipo da expedición o primeiro prototipo de Fotómetro para medir la luz ambiental e contaminación lumínica. E aos PATROCINADORES, todos de empresas do conxelado e industria marina: María Ferreiro, directora financieira de Noribérica. María Lorenzo, responsable de organización de Hermanos Fernández Ibáñez. Yago Rada, director xeral de Frialia. Rosa Sieiro, directora de servizos corporativos de Frialia. E Andrés Valiñas, presidente de AFAMSA.

 

A EXPEDICIÓN sairá o vindeiro LUNS 27 DE FEBREIRO cara a Madrid para logo partir rumbo a LAPONIA.

 

Compromiso coa Terra nace en 2015 cun obxectivo claro: espertar a conciencia ambiental e de valores de equipo a través de expedicións a rexións por encima do Círculo Polar Ártico. CON CADA EXPEDICIÓN DESENVOLVEN UN LABOR DIVULGADOR ORIENTADO AOS CENTROS ESCOLARES. CHARLAS E MATERIAL AUDIOVISUAL.

 

[Img #80523]

OS OBXECTIVOS: SUMAR MÁIS QUILÓMETROS SOBRE XEO, EVIDENCIANDO O FRÁXIL E FERMOSAS QUE SON AS REXIÓNS POLARES, ASÍ COMO O DANO IRREPARABLE QUE SOFRE ESTA FRONTEIRA POLAR E POÑER O FOCO NAS CONSECUENCIAS TANXIBLES DO DESXEO.

 

Esta nova Expedición 2023 será por Laponia-Suecia, no Lago Torneträsk. O EQUIPO CIRCUNVALARÁ O PERÍMETRO DO LAGO TORNETRÄSK, APROXIMADAMENTE 200 Km. A TRAVESÍA SERÁ EN COMPLETA AUTONOMÍA, EN ESQUÍES, E ARRASTRANDO OS SEUS EQUIPOS PERSOAIS DE EXPEDICIÓN. SERÁN UN TOTAL De 20 días en Suecia.

 

O EQUIPO está formado por Silvia Casal (Vigo, 1987). Verónica Romero (Mos, 1975). E Sechu López (Ourense, 1965) e levará consigo a bandeira de Mos que hoxe lle foi entregada pola rexedora local mosense. TRAS A EXPEDICIÓN CONTINUARÁ A AVENTURA con divulgación. Charlas e actividades con escolares.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.