Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Martes, 28 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
TURISMO

En Tomiño a solidariedade está nas túas mans

Voluntarios e voluntarias traballan todo o ano nun servizo de roupeiro para as familias que máis o necesitan

Cando a situación o require, Tomiño sempre arrima o ombro. Voluntarias e voluntarios da asociación ‘Solidariedade nas túas mans’ traballan dende hai anos no roupeiro social tomiñés, un servizo de recollida e reparto de roupa e calzado infantil e de persoas adultas, mobles, libros, xoguetes... que busca cubrir as necesidades de familias do municipio e da comarca que teñan unha situación económica complicada.   


Na actualidade, o roupeiro atende a 28 familias de Tomiño e de concellos limítrofes nos que non existe un servizo similar, dando resposta ao incremento de demanda que se leva producindo nos últimos anos. “Xa durante a pandemia a situación era complexa, con moita xente que precisaba da nosa axuda, pero ao rematar a crise sanitaria lonxe de mellorar a situación económica complicouse para moitas persoas”, explica Rachel Vidal, unha das voluntarias da asociación.


Situado na rúa Mosteiro, 37A, o servizo de roupeiro ten as súas portas abertas os martes de 10.00 a 12.00 horas e os mércores de 16.00 a 17.00 horas. As persoas que queiran doar roupa, calzado, enseres... ou as que precisen empregar os seus servizos poden achegarse ata á asociación nese horario ou chamar aos teléfonos 617 670 677 e 681 610 724. En caso de non poder desprazarse, os voluntarios e voluntarias tentan recoller ou levar a domicilio os distintos materiais para non deixar a ningunha familia fóra.


Nestes intres, voluntarios e voluntarias lembran que o que máis se precisa e roupa e calzado de nenos e nenas, accesorios de bebés, tronas, berces, cadeiras de paseo, libros, contos ou xoguetes, “todo en bo estado, para que todas estas prendas ou mobles e accesorios poidan seguir usándose por outras persoas”.


A alcaldesa, Sandra González, destaca “o labor diario e calado que realizan todas estas persoas voluntarias e do que se benefician moitos veciños e veciñas” e anima a todos os tomiñeses e tomiñesas a achegar o seu gran de area e colaborar coa asociación ‘Solidariedade nas túas mans’ e co servizo de roupeiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.