Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 02 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta investirá 5,7 M€ no futuro apartadoiro ferroviario da Plisan

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reuniuse esta semana co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo

A Xunta de Galicia investirá 5,7 millóns de euros na construción do futuro apartadoiro ferroviario da Plataforma loxístico industrial Salvaterra – As Neves, segundo anunciou  a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, tras reunirse co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña.

 

Logo de poñer en valor que a Autoridade Portuaria licitará nos próximos días esta obra, a conselleira lembrou que esta área, da que son promotores a Xunta, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio Zona Franca, está chamada a ser a gran zona de actividades loxísticas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para a xestión e almacenamento de mercadorías e, ademais, permitirá impulsar o tráfico ferroviario deste tipo en Galicia.

 

Máis polo miúdo, este novo apartadoiro, que conta xa cun informe de impacto ambiental que conclúe que non son previsibles efectos significativos para o medio ambiente,  disporá dunha lonxitude de vías de 750 metros e a previsión de que estea concluído antes de que remate 2025.

 

 

 

 

Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego segue a traballar no desenvolvemento desta plataforma loxística para dar resposta ao grande interese do tecido produtivo nas súas parcelas

 

 

 

 

Permitirá operar tres trens lanzadeira co porto de Vigo e mellorar a capacidade de almacenamento de mercadorías. E, a maiores, servirá para que todas as empresas emprazadas na Plisan poidan utilizar o tren para o subministro de materias primaras, compoñentes e a distribución posterior dos produtos.

 

Modificación do proxecto sectorial
Por outra banda, segundo explicou a conselleira, co obxectivo de dar resposta ao “grande interese” do tecido produtivo en parcelas desta área industrial, o Goberno galego segue a traballar no seu desenvolvemento. Nesa liña, está a traballar na modificación do proxecto sectorial e nas expropiacións necesarias para poder implantalo e atender as necesidades dos sectores que precisan grandes superficies para a súa instalación.

 

De feito, no marco da  modificación puntual do Plan sectorial de ordenación das áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) que está en tramitación, a Xunta está a avanzar na incorporación á Plisan de preto de 1 millón de metros cadrados, que permitirán a ampliación dos terreos urbanizados, nos que xa non quedan parcelas de grandes dimensións. Así, con esta ampliación esta plataforma pasaría a contar cunha superficie total de 4 millóns de metros cadrados, reforzando a súa posición como a maior bolsa de solo industrial do sur de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.