Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 03 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os nenos e nenas do Porriño aprenden hábitos de alimentación saudable

150 alumnos/as de educación primaria participan no programa “Coa comida si se xoga” posto en marcha polo Concello do Porriño a través da Concellería de Educación

Preto de 150 nenos e nenas do Porriño participan estes días na actividade “Coa comida si se xoga”, impulsada polo Concello do Porriño a través da Concellería de Educación, que dirixe Carolina González, e a OMIX.


Este programa, no que participa o alumnado de educación infantil dos centros educativos do municipio, ten como obxectivo principal consolidar a adquisición de hábitos de vida saudables, en especial alimentarios, dende idades temperás e o fai mediante o xogo.


“A construción de rutinas, que posteriormente se converterán en hábitos, é esencial na etapa da Educación Infantil, xa que reporta enormes beneficios aos pequenos e pequenas, axudándoos no seu desenvolvemento integral e na formación da súa personalidade”,  apuntou a concelleira, “Entre estes hábitos están o de ter unha alimentación adecuada, a actividade física diaria, ou os correctos hábitos do sono e a hixiene. Para evitar a resistencia a eles, aconséllase comezar canto antes coa súa aprendizaxe e posta en práctica”.


No mesmo sentido se expresou o alcalde, Alejandro Lorenzo, durante a súa visita á primeira xornada que se celebrou esta mañá no CEIP Cruz Budiño e na que puido comprobar de primeira man a implicación e interese dos pequenos. “Eles e elas son especialmente receptivos e a través dos xogos que se lles propoñen coñecen os distintos tipos de alimentos e a súa frecuencia de consumo para ter unha alimentación variada ademais de coñecer a procedencia dos que máis coñecen”, concluíu o rexedor, “Sen dúbida móstranse moi interesados no que están a aprender e iso é moi bo sinal”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.