PONTEAREAS
Iniciadas na Avenida de Galicia as obras do paso sobreelevado
O Concello adxudica un novo tramo de camiño escolar na rúa Forno Telleiro que implica a humanización completa do perímetro do Parque Ferro Ucha
As obras do camiño escolar seguro entran na súa fase final co inicio das obras do paso de peóns sobreelevado na Avenida de Galicia, entre os Xardíns da Xiralda e a rúa Trobador Xoán García. Esta actuación consiste na prolongación da plataforma única da rúa Trobador até os xardíns situados na parte posterior da Casa do Concello, unindo dese xeito este espazo e toda a área peonil central da vila co camiño escolar seguro que dende a rúa Trobador vai até o CEIP Ramiro Sabell case un quilómetro e até a entrada aos IES Val do Tea e Pedra da Auga.
Ademais, esta actuación pretende contribuír ao calmado do tráfico neste tramo da Avenida de Galicia, con gran volume de circulación de vehículos e de persoas que a atravesan no paso de peóns situado detrás da Casa do Concello. A plataforma dará prioridade ás e aos peóns e o seu sistema de ramplas de subida e baixada obrigará ás persoas condutoras a minorar a velocidade.
Por outra banda, o Concello adxudicou a execución dun
novo tramo de camiño escolar na rúa Forno Telleiro. Trátase do tramo que discorre a carón do parque Ferro Ucha e que une a rúa Trobador Xoán García de Guillade coa rúa Nardos e a través desta co Paseo Matutino. A obra, que consiste en prolongar a plataforma única e retirar o peche do parque adxudicouse por un importe total de 47.341 euros e está financiada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) a través das axudas do Ministerio de Sanidade con cargo aos fondos Next Generation EU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) . O prazo de execución será de 4 semanas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158