Val Miñor
A rampla de Carral culmina a praza de Porta do Sol
O Concello adianta os prazos para a instalación da rampla de Carral, que estará operativa a finais do mes de marzo. Deste xeito, complétase a gran remodelación da Porta do Sol, mentres continúan os traballos do túnel que unirá Torrecedeira e Policarpo Sanz.
Abel Caballero revisou esta semana o avance da instalación da rampla mecánica de Carral e dos traballos de humanización da rúa. Trátase, dixo, do último paso para completar a praza de Porta do Sol, unha das grandes obras da historia da cidade cun orzamento de 17 millóns de euros.
Logo de anunciar que rampla mecánica estará operativa a finais do mes de marzo, antes do previsto inicialmente, aclarou que a estrutura ten unha lonxitude de 27 metros e salva unha altura de 5 metros. Na liña das escaleiras de II República, a rampla estará cuberta un pórtico metálico e vidro e terá unha zona axardinada con árbores na parte alta e nun dos laterais.
Respecto da praza, o alcalde reiterou que a peonalización da Porta do Sol non significará unha volta innecesaria para o transporte da cidade dado que as obra do túnel proseguirá, tan pronto como se solucionen os problemas urbanísticos de Paseo de Alfonso. O paso subterráneo unirá Torrecedeira e Policarpo Sanz e nalgún momento, incidiu, chegará a Alfonso XIII buscando un centro da cidade peonil. Finalizada esta obra, o Concello procederá á reordenación de Carral, remodelando os edificios públicos que están nesa rúa e na Baixada á Laxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58