Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Viernes, 03 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño aproba unha moción para a regularización das persoas migrantes

Despois de superar as 500 mil sinaturas necesarias para poder levar esta proposta ao Congreso, o movemento estatal #RegularizaciónXa, inicia unha campaña que inclúe a aprobación de mocións de apoio á iniciativa. Esta xa conta co apoio dos plenos dunha vintena de cidades, como Santiago de Compostela, Barcelona, Ferrol ou Vilagarcía

O pleno do Concello de Tomiño vén de aprobar na súa sesión desta semana e por unanimidade, unha moción de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para a regularización das persoas migrantes en situación administrativa irregular en España. A iniciativa, que contou co apoio de todos os grupos da corporación local (BNG, PSOE e PP), será presentada tamén nos demais concellos da comarca do Baixo Miño.

 

Esta ILP nace do movemento #RegularizaciónXa, integrado por decenas de colectivos e redes migrantes organizadas, e entidades sociais e políticas de diversa índole, que conflúen baixo o obxectivo común de regularizar, de forma extraordinaria, as persoas migrantes que se encontran sen papeis e que habitan no territorio español.

 

Nese sentido é importante destacar que en España viven case 600 mil persoas en situación administrativa irregular, sendo un terzo delas menores de idade. A irregularidade é unha condena á explotación laboral, a invisibilidade ante as institucións, a desprotección xurídica ou a exclusión de facto de servizos públicos esenciais como a educación e a sanidade.

 

Por tanto, coa regularización non só se outorgarían dereitos fundamentais ás persoas migrantes, senón que se permitiría aflorar unha grande contribución económica e fiscal para a sociedade no seu conxunto, xa que a irregularidade impide que moitas persoas migrantes poidan contribuír en condicións de dignidade con capacidades que son esenciais para soster á sociedade. 

 

Ata agora foi aprobada unha vintena de mocións de apoio, en diferentes municipios do estado español, como Santiago de Compostela, Barcelona, Lleida, Ferrol ou Vilagarcía.

 

Con 700 mil sinaturas recollidas, trátase da ILP que máis apoios acadou en toda a historia da democracia española, abrindo unha nova etapa de incidencia política nos próximos meses. Esta incluirá non só a aprobación de novas declaracións institucionais de apoio senón outra accións que sensibilicen os deputados e deputadas, ademais de seguir ampliando o respaldo social, sobre a importancia desta nova regularización extraordinaria. De aprobarse estariamos ante o sétimo proceso de regularización, sendo que os anteriores foron impulsados por diferentes partidos (2 por gobernos populares e catro por socialistas).

 

Desde o movemento #RegularizaciónXa consideramos estar fronte a unha oportunidade HISTÓRICA para emprender unha recomposición social que poña no centro a preservación da vida, a defensa dos bens comúns, a solidariedade e a xustiza social, como principios reitores do noso país. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.