Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 06 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Dous novos axentes na Policía Local de Tomiño

O Goberno municipal comezou xa a selección doutras dúas prazas adicionais de axentes que se incorporarán tras a súa formación

O Concello de Tomiño reforza a seguridade coa incorporación dunha nova e dun novo axente de Policía Local, dous novos efectivos que se suman ao actual equipo “consolidando a aposta do Goberno local por seguir dotando de recursos humanos ao corpo de seguridade municipal, mellorando un servizo fundamental no concello e aumentando a calidade de vida da veciñanza”, como sinala a alcaldesa, Sandra González.


Estes dous novos axentes da Policía local incorporáronse ao servizo en activo en Tomiño hai unhas semanas tras pasar o período de formación regulamentaria, que comezou xa o ano pasado.


Xunto a estes dous novos integrantes, o Concello xa convocou unha nova selección para dous axentes adicionais no 2023, que se sumarán á plantilla ao rematar a selección e que realizarán o seu período de prácticas este verán en Tomiño. Tras as prácticas volverán a rematar a correspondente formación na Academia Galega de Seguridade dependente da Xunta de Galicia antes da súa incorporación definitiva á Policía local tomiñesa.

 

 

 

 

Aprobou tamén unha modificación da relación de postos de traballo para incorporar este 2023 dúas prazas de auxiliares fixos discontinuos

 

 

 


Por outra banda, neste camiño por reforzar o equipo da Policía municipal de Tomiño, o Goberno municipal vén de aprobar en pleno unha modificación da relación de postos de traballo (RPT) para crear dúas novas prazas de auxiliares de Policía local fixos discontinuos, o que permitirá contar cun reforzo durante épocas de maior necesidade como pode ser o verán.


“Con todas estas incorporacións o vindeiro ano pasaremos a ter unha plantilla da Policía local con 9 axentes, o que permitirá garantir o gran servizo preventivo e de seguridade que está a desenvolver en Tomiño”, destaca a rexedora. Deste xeito, o Goberno municipal mantén a súa aposta pola Policía Local e por incrementar os efectivos, que de forma excepcional se viron minguados durante tres meses tras a petición de traslado de dous axentes a Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.