PONTEAREAS
Nava Castro lamenta que o BNG use a sanidade para contraprogramar ao PP
A candidata á alcaldía, Nava Castro, pide ao BNG que se centre en defender a sanidade pública traballando para entregar os terreos para o novo Centro de Saúde
Ante o anuncio da visita do Presidente Nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, e Alfonso Rueda, Presidente do PPdG e da Xunta de Galicia a Ponteareas, o bloque de esquerdas local quere contraprogramar unha concentración coa sanidade pública como escusa.
A candidata á alcaldía Nava Castro móstrase contudente co BNG, a quen pide que traballe en entregar os terreos do futuro Centro de Saúde, “creo que a alcaldesa e o BNG de Ponteareas teñen unha oportunidade para defender verdadeiramente a sanidade pública desde a xestión que é entregar os terreos para o futuro centro de saúde”.
Desde o Partido Popular mostran o seu respecto á libre reunión dos veciños, como non podía ser de outro xeito pese a que se ve unha clara intencionalidade política, “Quen non está a favor de máis sanitarios e sanitarias, máis enfermeiros e enfermeiras, máis ambulancias, máis medios…? Todas e todos estamos a favor, pero a diferenza é que desde o Partido Popular traballamos con seriedade para atopar solucións mentres outros se limitan a manifestarse”, dixo a candidata.
Neste sentido lembrou que o centro de saúde de Ponteareas terá unha praza de médico de familia e dúas de pediatría grazas á convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que se aprobará nas próximas semanas, impulsada polo goberno galego. A candidata lembrou a postura de BNG e PSOE, porque “se por eles fora, non se podería realizar este proceso e cubrir esta praza, nin Ponteareas contaría hoxe con tres facultativos fixos máis que hai un mes”. Desde o Partido Popular faise un chamamento a respectar os actos previstos do mesmo xeito que fan os populares cando é ao contrario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158