Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 04 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O PP denuncia que "Ánxela Fernández está usando os medios do concello con fins partidistas"

"O goberno local do BNG, liderado pola alcaldesa Ánxela Fernández, utiliza os medios públicos dos que dispón no concello para facer propaganda electoral, algo que non é lícito nin ético, pero sobre todo é inaudito" segundo denuncian dende o PP.

 

Os populares denuncian que "están empregando os espazos públicos para colocar pancartas partidistas, en lugares como escolas ou no propio balcón do concello, pero ademais, o que aínda é máis grave, utiliza os cartos de todos os veciños do Rosal para facer autopromoción do Goberno e da alcaldesa”. Refírense os populares ao boletín municipal, unha ferramenta que se utilizaba no anterior mandato e que, de feito, reclamaron desde o PP, e que servía de ferramenta informativa  para os veciños, cunha axenda das actividades deportivas e culturais programadas a nivel local ou outros datos de interese. Agora, explican desde o PP, “recuperan o  boletín a uns meses das eleccións para facer unha revista electoral do BNG encuberta e financiala con fondos públicos. Unha ferramenta de autobombo do goberno local que pagamos todos. Un auténtico escándalo”, sentencian.

 

Dende o Partido Popular de O Rosal din que “estamos indignados con esta forma de actuar. Están utilizando o concello, os servizos e as instalacións municipais para facer propaganda electoral e partidista”. Nesta liña, o candidato popular, Carlos Rodríguez, lamenta que “nin Ánxela Fernández nin ningún concelleiro do grupo municipal amose o mínimo respecto polas institucións. Foi a propia alcaldesa quen dixo que o concello era a casa de todos os rosaleiros e rosaleiras, polo tanto, pedímoslle que deixe de utilizar os servizos públicos ao servizo do BNG. Instamos a que a alcaldesa cese xa neste tipo de actuacións, a que pense e teña responsabilidade para co cargo que ocupa e que non se repitan este tipo de feitos nun futuro”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.