Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 06 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O CRC do Porriño celebra o 8 de marzo abrindo rúas a porriñesas destacadas

Esta iniciativa, que a partir de agora terá continuidade todos os 8 de marzo, xurde como reinvindicación pola carencia de rúas dedicadas a mulleres no Porriño

O próximo martes 7 de marzo, ás 19:00h., o Círculo Recreativo Cultural do Porriño (CRC) descubrirá os nomes das 8 mulleres destacadas, tanto para a historia da propia entidade como para a vila en xeral, ás que se lle dedicará unha rúa dentro das instalacións do centro.


Trátase dunha iniciativa reinvindicativa que leva por nome “Porriñesas nas rúas” que, segundo anuncian, terá continuidade ao longo dos anos, en cada celebración do Día Internacional da Muller.


Para o presidente da entidade, Abel Gallego, “O Porriño é unha vila na que a muller desempeñou e desempeña un papel fundamental. Aínda así, é rechamante que non se recoñecese nunca no seu rueiro o seu traballo. Non existe nin unha sóa rúa na localidade con nome de muller”. O CRC, a partir deste ano e todos os 8M, recoñecerá a mulleres do pasado e do presente do Porriño deste xeito tan singular.


Mulleres pioneiras nos seus ámbitos, boas profesionais, traballadoras, solidarias, filántropas… Todas as que se propoñen este ano para este percorrido reinvindicativo “son dignas de ter unha rúa co seu nome”, afirma Gallego. "A iniciativa quere poñer en valor todo o que aportaron e aportan á nosa sociedade",


Durante un mes, poderá realizarse o percorrido polas instalacións do Círculo para descubrir ás primeiras 8 mulleres, “primeiras de moitas que se homenaxeará nos vindeiros anos”, e saber coñecer de xeito divulgativo as súas traxectorias.


Dende o CRC animan tamén aos centros educativos da vila a participar nesta iniciativa didáctica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.