BAIONA
Rueda destaca a festa da Arribada como símbolo da Galicia acolledora
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca a Festa da Arribada de Baiona como símbolo da Galicia acolledora e portadora de boas novas. O titular do Goberno galego asistiu ao acto conmemorativo do 530 aniversario da arribada da carabela Pinta ao porto de Baiona.
O mandatario autonómico aplaudiu a recuperación, en todo o seu esplendor, desta efeméride, e salientou que Baiona celebre este acontecemento declarado Festa de Interese Turístico Internacional despois de que toda Galicia vivira un Xacobeo histórico con cifras récord de peregrinos e de turistas. Subliñou que Baiona forma parte dese fito xa que polas súas terras pasa o Camiño Portugués da Costa, que se suma a outros atractivos da vila como o proxecto Exploraterra -para divulgar as grandes exploracións marítimas que cambiaron o curso da historia-, o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Descubre Baiona ou os atractivos do turismo náutico e deportivo.
Alfonso Rueda recordou que a Festa da Arribada, ademais de ser un atractivo turístico, é tamén un símbolo da unión fraternal con América. O líder autonómico lembrou o esforzo de todos os emigrantes galegos xa que “grazas ao froito do seu traballo lograron cambiar a nosa terra en épocas de grande dificultade”. Recordou que Galicia estará sempre agradecida a ese Novo Mundo que acolleu a tantos galegos cando o necesitaron e que, en gratitude, agora é a terra de orixe a que os invita a volver a través da Estratexia Retorna, que xa facilitou a chegada de 28.000 galegos do exterior e que agora quere que 400 máis regresen cun contrato indefinido na man a “unha terra de oportunidades”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129