Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 23:16:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 05 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Xunta destina máis de 230.000 euros para unidades de atención ao alzhéimer

O Goberno galego está a mellorar a atención ás persoas con alzhéimer con máis prazas públicas de atención diúrna, ata superar hoxe as 500 en toda a Comunidade; co desenvolvemento da teleasistencia avanzada e co programa de Coidados porta a porta

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou esta SEMANA o impulso que está a dar o Executivo autonómico ás unidades de estimulación terapéutica en colaboración do tecido social. Díxoo na visita á unidade destas características que o pasado venres entrou en funcionamento no novo centro social de Moraña, no que reciben coidados dez maiores da localidade.

 

Fabiola García, que estivo acompañada do alcalde do concello, José Cela, sinalou que Galicia conta con sete centros como este de Moraña que ofrecen terapias, actividades e coidados especializados na atención ao alzhéimer, e aos que a Xunta destina 230.000 euros ao ano. A unidade de Moraña emprázase no recentemente aberto centro social municipal, que é o resultado das obras de remodelación da antiga Cámara Agraria de Alende nas que a Xunta investiu 200.000 euros.

 

Ademais, a conselleira sinalou que o Goberno galego traballa na atención das persoas con alzhéimer con máis servizos adaptados ás súas necesidades. Galicia é a única comunidade que conta cunha rede autonómica de centros de alzhéimer e desde o ano 2009 duplicáronse o número de prazas públicas en centros de día especializados nesta patoloxía, ata superar nestes momentos as 500 por toda a Comunidade.

 

Teleasistencia e coidados de proximidade

Tamén destacou o desenvolvemento da teleasistencia avanzada, que permite xeolocalizar ás persoas con inicios de deterioro cognitivo no caso de que se perdan ou saian da súa zona de seguridade; ou o programa de Coidados porta a porta, que leva servizos gratuítos de estimulación da memoria por todos os concellos de Galicia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.