

Os expertos en Xeriatría e Xerontología debaterán, os vindeiros 9 e 10 de xuño no Museo Verbum, sobre soidade non desexada e como facer fronte a este problema social.
Ao redor de 50 relatores, tanto españois como procedentes de diversos países de Europa e Latinoamérica, daranse cita no Museo Verbum- Casa dás Palabras para participar neste encontro internacional que leva por lema: ‘Soledad e illamento social. Novos retos e recursos’.
O tema escollido nesta ocasión é tan actual como preocupante porque a soidade e o illamento social, cando afecta as persoas maiores, constitúe un risco grave de saúde pública que afecta de forma considerable ao estado físico e psicolóxico de quen a sofre, incrementando o risco de presentar demencia e outras afeccións graves.
A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatíra quere profundar neste tema crucial para o benestar das persoas maiores, máis aínda tendo en conta que Galicia é unha das 10 rexións que rexistra porcentaxes de poboación máis elevadas de Europa, coas provincias de Ourense e Lugo entre as 5 primeiras máis envellecidas, e ademais con individuos moi lonxevos.
Así, no Museo Verbum de Vigo, os vindeiros 9 e 10 de xuño, daranse cita expertos e investigadores da área social e sanitaria que analizarán o tema da soidade e o illamento social desde diversas perspectivas, achegando solucións novas tanto desde un enfoque teórico como práctico. Neste sentido, daranse a coñecer as oportunidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito da saúde e os apoios, ferramentas que facilitan a construción dunha contorna mellor e máis amable coas persoas maiores.
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.