Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O PP de Tomiño denuncia que o BNG "presta, presuntamente, vehículos alugados"

A raíz do expediente sancionador da Axencia Tributaria en contra do concello de Tomiño polo suposto uso fraudulento de gasóleo bonificado, salen á luz "estes feitos que poderían supor un caso de tratos de favor"

O PP de Tomiño denuncia que "o BNG segue sen dar acceso ao expediente do caso do gasóleo bonificado e que, tras pedilo por segunda vez, o grupo popular recibe un escrito de alegacións no que os nacionalistas indican, torpemente, que unha empresa utilizou o vehículo alugado polo Concello durante a fin de semana, e que o devolveu o luns 6 de xuño de 2022 co gasóleo vermello no seu depósito, eximíndose eles de toda culpa".
Estes feitos "demostran que o concello de Tomiño aluga maquinaria, que pagamos todos os tomiñeses cos nosos impostos, para logo prestarlla supostamente a empresas que ademais son contratadas recurrentemente polo Concello".


"Dende o PP, tras revisar as facturas deses meses, comprobamos que dita maquinaria foi alugada o mes completo polo Concello de Tomiño, do 31/05/2022 ó 30/06/2022, polo que non se aceptan excusas nin insultos hacia o grupo Popular, como xa están acostumados a facer." explican


"Por un lado cren limparse as mans culpando a outros dos seus erros e, ademais, demostran estar levando a cabo unha mala praxis dos recursos públicos para beneficiar intereses propios ou de persoas cercanas, presuntamente" sinalan.


"Ademais, chama a atención que cando os populares sacamos á luz no mes de febreiro de 2023 o expediente sancionador polo suposto uso de gasóleo bonificado, o Concello e o concelleiro Uxío Benítez saen en prensa alegando estar investigando os feitos para saber se a empresa que lles aluga a maquinaria puidera deixar gasóleo dentro da mesma, pero curiosamente, tras os incansables intentos do grupo popular en obter o expediente, o Concello, no escrito de alegacións que presenta, declara estar ao tanto do tema dende 6 meses atrás, xuño do 2022, data na que se supón que aconteceron os feitos. Quen minte? Ata cando van a seguir enganando ós vecinos e veciñas de Tomiño?" pregúntanse dende o PP

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.