Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 07 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Un paso máis para axilizar a instalación de ascensores en San Eleuterio

Tras a xuntanza da semana pasada onte celebrouse unha nova reunión na que estiveron presentes dous arquitectos e unha traballadora social de Cogami, para encauzar do mellor xeito posible a axuda orientada a facilitar o acceso da veciñanza con distintas capacidades

Tras a xuntanza celebrada hai escasos días, onte produciuse en San Eleuterio unha nova reunión entre a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Urbanismo, José Areal, técnicos municipais e, nesta ocasión tamén, técnicos de Cogami (2 arquitectos e unha traballadora social), con veciñanza de San Eleuterio, para abordar coas comunidades de veciños as axudas autonómicas existentes para dotar de ascensor aos edificios da urbanización que carecen del.


 O encontro comezou no local da Asociación de Veciños e continuou con visita in situ aos bloques que carecen e precisan ascensor para estudar, co asesoramento de Cogami, a mellor ubicación para instalar o devandito elevador en cada un deles.


Pola súa banda, desde o Concello de Mos, tenderon unha vez máis a man aos veciños de San Eleuterio para colaborar desde a administración local mosense en labores de asesoramento e resolución de dúbidas, e na tramitación da documentación necesaria para a solicitude de axudas de cara á acometida das obras pertinentes para a instalación de servizo de ascensor nos bloques que decidan implantalo.


A idea é que as comunidades de veciños de San Eleuterio que o desexen poidan beneficiarse, cando sala a convocatoria de 2023, das axudas do Programa de Mellora da Accesibilidade en e ás Vivendas do Plan Estatal para o Acceso á Vivenda 2022-2025 do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente,

Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. Este programa autonómico de axudas para a mellora da accesibilidade en e ás vivendas, está orientado, a facilitar non só o seu uso ás persoas con distintas capacidades, senón tamén como vía para facilitar a súa integración social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.