Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 09 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Xunta construirá unha senda peonil na estrada autonómica PO-195 en Tomiño

O itinerario executarase nun treito antigo da PO-552, de 390 metros de lonxitude na marxe esquerda da vía, manténdose a calzada de 2 carrís

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executará unha nova senda peonil na estrada autonómica PO-195 en Forcadela, no concello de Tomiño.

 

Estas obras foron adxudicadas á empresa Construcciones Castro Figueiro, S.L.U., por un importe de preto de 50.000 euros e comezarán nas vindeiras semanas.
 


Con esta actuación na estrada autonómica executarase unha senda peonil nun treito antigo da PO-552, de 390 metros de lonxitude na marxe esquerda da vía, entre o cruzamento coa estrada PO-552 no punto quilométrico 0+050 e a beirarrúa existente no punto 0+440.

 

Coa intervención prevista mantense a calzada de dous carrís e habilitarase unha nova senda de formigón duns 2 metros de ancho mínimo, que será compartida por peóns e ciclistas non deportivos.

 

A senda adaptarase á rasante existente, separada por un bordo elevado uns 6 centímetros e unhas beiravías que non superan 0,5 metros na marxe sobre a que se actúa. Para acadar este obxectivo, readaptarase lixeiramente a drenaxe da plataforma, para o que se disporán sumidoiros conectados ás obras de drenaxe transversal.

 

 

 

 

O novo itinerario terá 2 metros de ancho mínimo e será compartido por peóns e ciclistas non deportivos

 

 

 

 

Ademais, como as obras de drenaxe transversal existentes están bastante próximas á calzada, a intervención incluirá  a execución dunha pasarela de madeira que cubra a canle de rega entre o punto quilométrico 0+100 e o 0+120, permitindo o paso de peóns. Deste xeito, o ancho variará desde 2 metros nos seus extremos coa senda de formigón, ata os 3,6 metros para permitir unha correcta ancoraxe no terreo adxacente á canle de rega de formigón.

 

Na intervención empregaranse pequenas superficies de madeira para salvar os pasos de obras de drenaxe transversal que non permitan un ancho suficiente ao final do percorrido, onde este tránsito peonil unirá coa beirarrúa existente.

 

Nos pasos de madeira disporase varanda e nas interseccións con pasos peonís colocarase un pavimento en baldosa podotáctil con sinalización de advertencia de perigo.

 

Unha vez executada esta actuación este treito da estrada autonómica será obxecto de cambio de titularidade en favor do Concello de Tomiño.

 

A Xunta continúa mellorando a rede viaria autonómica para favorecer os desprazamentos a pé de modo máis cómodo e seguro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.