Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño instala un valado de seguridade de 150 m en Cans

A Concellería de Obras, que dirixe Ramón Porto, iniciou estes días a instalación dun valado de seguridade na N-120,  na parroquia de Cans.


Trátase dunha demanda histórica da veciñanza, que reclamaba solucións nunha beirarrúa de moito tránsito de peóns ante o risco de caída. O edil explicou que a instalación do valado estase a realizar con medios propios e abranguerá unha distancia de 150 m.


“Coa instalación deste valado de seguridade evítase o risco de accidente de viandantes, xa que ata o de agora estaba totalmente desprotexido co conseguinte risco de caída. Unha situación perigosa xa que existe un gran desnivel”, concluíu o rexedor, Alejandro Lorenzo. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.