Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 10 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Luis López: “A unidade, a ilusión e un proxecto de presente e de futuro serán as claves do éxito de Nava Castro”

A sede local acolleu a reunión do comité de campaña provincial

A sede local do Partido Popular de Ponteareas acolleu onte pola noite unha reunión do comité de campaña do PP provincial, presidida polo presidente Luis López, e na que participaron a secretaria do partido, Luisa Piñeiro, o director de campaña, Alberto Pazos, e outros membros do equipo, como José Balseiros, Natalia Prieto e Valentín García, e á que asistiron como convidados a candidata á alcaldía, Nava Castro, e varios membros da xunta local.

 

López puxo en valor que “a unidade, a ilusión e contar cun proxecto de presente e de futuro, serán as claves do éxito de Nava Castro para Ponteareas. Os veciños deste concello teñen moi claro que a única alternativa para o cambio pasa por Nava e polo PP, e por iso en maio esta candidatura terá un apoio maioritario e contundente”. Neste senso, sinalou que a única vía para gañar ás coalicións de perdedores é obter unha maioría absoluta.

 

 

 

 

Aposta por unha grande mobilización para mellorar os resultados nos 61 concellos da provincia

 

 

 

 

Con respecto á campaña provincial, o presidente dos populares animou a mobilizarse e a estar presentes en cada aldea e cada barrio dos 61 concellos. “Temos moito do que presumir neste partido. Somos referentes en goberno e en xestión. Hai moito en xogo nas eleccións de maio, a política local é clave para transformar os concellos, e por iso é fundamental apostar por quen ofrece un proxecto único, recoñecido  e estable”. Ademais, recordou que esas eleccións serán tamén o primeiro exame “para castigar a política errática do Goberno de Sánchez e apostar polo cambio de rumbo en España con Alberto Núñez Feijóo”.

 

Por último, amosouse convencido de que o PP conseguirá mellorar resultados nos 61 concellos da provincia. “Somos o partido que máis se parece a Galicia e á provincia. Presentamos candidatos e equipos moi fortes, dedicados por completo a traballar polos seus veciños”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.62

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.