Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 11:01:38 horas

Xornal21.es
Sábado, 11 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Tiro de saída á oficina Acelera Pyme rural en Cambados

A presidenta Carmela Silva explicou que esta oficina, xunto á que tamén se porá en marcha en Tui, será un “punto de referencia para a transformación dixital e o impulso das pequenas e medianas empresas do rural”

Cambados acollerá a partir do vindeiro 15 de marzo unha oficina Acelera Pyme rural grazas á Deputación de Pontevedra e a Red.es. Así o anunciou Carmela Silva durante a visita do director xeral da entidade, Alberto Martínez Lacambra, na que tamén estiveron presentes o alcalde de Cambados, Samuel Lago, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba. A presidenta provincial explicou que esta oficina, xunto á que tamén se porá en marcha en Tui, será un “punto de referencia para a transformación dixital e de impulso para as pequenas e medianas empresas”. En concreto, o reto é axudar á dixitalización destas pemes da contorna rural, especialmente en concellos de menos de 20.000 habitantes como Cambados e Tui, por medio de actuacións a través da colaboración con diversos axentes do ámbito público e privado.

 

Carmela Silva explicou que se escolleu instalar as novas oficinas Acelera Pyme en Cambados e Tui para poder chegar ás entidades das comarcas do Salnés e do Baixo Miño, respectivamente, ambas “cunha enorme rede de pequenas e medianas empresas que teñen que crecer, manterse e sumar, ademais de dixitalizarse”. No caso de Cambados, o municipio xa contaba cunha oficina Smartpeme da Deputación, que agora se transforma para integrarse neste novo programa, mentres que en Tui se está levando a cabo o proceso administrativo para instalar unha nova oficina, “que estará operativa nun período curto de tempo”. “Apostamos polo modelo de proximidade: o de contar, informar e apostar pola transformación dixital”, asegurou a presidenta provincial quen remarcou que a provincia “é a máis avanzada no camiño da innovación. Somos a provincia da economía, e estamos vivindo un momento único grazas a aposta do Goberno do Estado pola dixitalización”.

 

Precisamente, para este “salto da economía analóxica á dixital” é de vital importancia a conectividade, que chegará a toda a provincia de Pontevedra, “por primeira vez despois de que a sociedade o estivera demandando durante máis de 25 anos”, grazas ao programa Único do Goberno central. Isto permitirá ás empresas non só crecer a nivel de provincia, de Galicia ou do Estado, senón que “poidan abrir o seu campo, sobre todo á contorna internacional máis próxima”, asegurou Carmela Silva.

 

 

 

 

Alberto Martínez Lacambra, director xeral de Red.es: “A posta en marcha das oficinas Acelera Pyme é unha moi boa noticia, xa que van ter un papel de máxima relevancia nos próximos meses e anos na dixitalización das pemes”

 

 

 

 

A posta en marcha destas oficinas en Cambados e Tui é “unha boa noticia”, xa que terán “un papel de máxima relevancia nos próximos meses e anos”, como explicou o director xeral de Red.es. Alberto Martínez Lacambra lembrou a importancia da dixitalización das pemes con programas como Kit Dixital, que está enfocado a empresas por debaixo dos 50 empregados e empregadas, é dicir, “0 69% do tecido produtivo do conxunto do Estado”. En concreto, desde que comezou en 2021, xa se concederon axudas a 5.000 empresas da provincia de Pontevedra por valor duns 25 millóns de euros, unha cifra que aumenta ata as 14.000 axudas e os 65 millóns de euros no global de Galicia, o que demostra que “a dixitalización chegou para quedarse e, polo tanto, cobran sentido este tipo de oficinas”.

 

Pola súa banda, o alcalde de Cambados, Samuel Lago, mostrou a súa satisfacción por ser un dos concellos escollidos para albergar unha nova oficina Acelera Pyme, que permite “darlle ás empresas da nosa comarca o impulso que precisan para adaptarse ás novas tecnoloxías e á era dixital”. O acompañamento que se fará ás pemes desde a oficina e as ferramentas que se porán a súa disposición, como o Kit Dixital, axudarán a que, en palabras do alcalde, “se siga creando emprego e sigan crecendo as empresas, todo nun ámbito e cunhas ferramentas que son ás que inexorablemente se teñen que adaptar as empresas”.

 

As novas oficinas Acelera Pyme rural
As oficinas Acelera Pyme rural de Tui e Cambados non só proporcionarán asesoramento en ambos concellos, “senón a empresas de moitos lugares da contorna”, para que “pemes, autónomos e autónomas e persoas que queren emprender teñan un espazo no que formarse, informarse e recibir asesoramento individual e grupal de persoas expertas en dixitalización”, como explicou Carmela Silva. Ademais, en palabras da presidenta, tamén serán “puntos de información e asesoramento sobre os recursos que o Goberno do Estado pon á súa disposición en materia de transformación dixital”. Tamén permitirán fomentar a conexión entre contornas rurais e a mellora da competitividade do tecido empresarial, e acollerán eventos, talleres, xornadas dixitais e sesións de sensibilización.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.