Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 10 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos homenaxeou a 90 mulleres emprendedoras do municipio

Tiveron o valor e a fortaleza de botar a andar os seus negocios nas 10 parroquias mosenses e en sectores tan diversos como o sanitario, estético, deportivo, educación, espectáculos, alimentación, hostalería, farmacia, comercio…

Esta semana celebrouse no Pazo de Mos un acto homenaxe ás MULLERES EMPRENDEDORAS mosenses. Preto de 90 mulleres de diferentes sectores (sanitario, estético, deportivo, educación, espectáculos, alimentación, hostalería, farmacia, comercio, etc) foron recoñecidas polo seu valor e esforzo á hora de decidir emprender e desenvolver cargos de responsabilidade nas súas respectivas empresas.

 

Na homenaxe con motivo do 8M estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e demais membros da Corporación Municipal mosense. Arévalo, rexedora local do Concello de Mos, puxo en valor “o papel da muller en postos de responsabilidade e na sociedade en xeral, como piar empresarial en Mos pero tamén como piar das familias e exemplo de traballo duro e superación”. “Estou enormemente orgullosa das mulleres mosenses”, continuou a alcaldesa, “fortes e loitadoras; e estou orgullosa de que sexamos tantas as que hoxe nos reunimos neste Pazo de Mos para reivindicar e facer visible a nosa valía, que os sectores e postos antes maioritariamente masculinos xa non o son, ou non o son tanto, porque logramos facernos o noso oco neles, o que nos corresponde e merecemos por méritos propios, capacidade e aptitudes”.

 

O acto foi presentado pola xornalista do grupo Televigo - Radio Vigo Cadena Ser e veciña da parroquia de Pereiras, María Díaz, e organizado coa colaboración de Alba, educadora social e directora do CIM, Ana, Xurídica do CIM, María, Psicóloga do CIM, e Elena, psicóloga familiar do departamento de política social. Contouse coa ACTUACIÓN MUSICAL DE ERIKA LEWIS, mosense, tamén natural da parroquia de Pereiras, que forma parte do grupo de música Broken Peach, e é mestra de canto na escola MaiSon.

 

Fixeron 6 intervencións MULLERES EMPRENDEDORAS de Mos: LOLA de FLORISTERIA LOLA. LARA da TENDA DE HIPICA “EQUIPEMOS”. LUCÍA E ROSANA, do Restaurante Quinta da Rivas en Torroso. MIKAELA, a propietaria da orquestra M3. PATRICIA, DA CLÍNICA DE PSICOLOXÍA ENTROPÍA. E MARI CARMEN SOLIÑO de Muebles Soliño.

 

Todas as homenaxeadas, por parroquias, foron as seguintes:


CELA:
CLINICA DENTAL CRISTINA GONZALEZ
PANADERÍA NOVA DEVESA
DE BOA MAN ESTEOPATIA


PEREIRAS:
PANADERIA SAN MIGUEL (MARI)
LA TIENDA DE LA RUBIA
DINAILS UÑAS (DIANA)
FLORISTERIA VERSILIA
FLORISTERIA FLORIMAX (MERCEDES ALMEIDA)
CORTINAS CORFE (ANA ALONSO)


LOUREDO:
EQUISTRIAN ATYLO SHOP
TEN DESTRICT (CRUZ)


MOS:
EQUIPEMOS (LARA)
CASA PAZ
ALIMENTACION PAZ (GELUCA)
PISAMOS PODOLOGÍA (CARLA)
BO CAMIÑO (ESTHER)
CAFETERIA PAZO DE MOS (NILSA)
CENTRO INTEGRAL (LAURA)
UÑAS JENNY BARCIELA
PIANAGRAMA (ANA BELEN)
DEBORA ESTILISTAS
VANESA NOGUEIRA ESTÉTICA
TAPERIA FLORA
FLORISTERIA LOLA
A CASA DOS PARLADOIROS (VIOLETA)
ÁS MAIMIÑAS (IRENE e LUCIA)


DORNELAS:
LA TIA TULA (Yoli)
MUEBLES SOLIÑO (Mari Carmen e Tere)
FURGO CAN (MAYRA)
FOTOGRAFÍA MARIA SANTORIO


TORROSO:
PELUQUERIA SUSI
PESCADERIA LUZ
SEGUROS GENERALI (SONIA)
ESTANCO PEINADOR (MARIA)
GRANLEY (INÉS)
BOMBOM BOUTIQUE
CLÍNICA DENTAL PEINADOR/ CLINICA FISIOTERAPIA INTEGRA
CENTRO SALUZ NUTERAPIA
RESTAURANTE QUINTA DA RIVAS (LUCIA e ROSANA)
CESAR BLANCO (MARTA)
ARTESA ALIMENTACIÓN (MARI CARMEN)
FARMACIA PEINADOR (ELISA)


TAMEIGA:
BIOTERAPIA EVA VARELA
FLORISTERIA FLOR DE LOTO (CONCHI e FANY)
SUPERMERCADO PUXEIROS (EVA)
INMOBILIARIA LOYDA
AUTOESCUELA LUSANT (YOLI)
ESCOLA INFANTIL SORRISOS
SUPERMERCADO LAXE
EL RINCON DE ANA
VISUALIZA (FLOR)
CENTRO DE ESTÉTICA CARMEN LIRANZO
BAR FLORIANO
ESTANCO PEREZ
PELUQUERIA CLASS SALON
PELUQUERIA ELSA PEREIRA
PELUQUERIA MARTA
SARA LAGO PELUQUERÍA
GIMNASIO ZUSANLY
BAR O BOCADIÑO
BAR CURUXEIRA (Elvira e Estrella)
PELUQUERIA MARY CARRERA
ENTROPIA CLINICA DE PSICOLOGÍA
ROSANA NAVARRO AVOGADA
BAR PORTELA
UXIA CENTRO DE IOGA
ESTHER ALONSO, AVOGADA


GUIZÁN:
ALIMENTACION LOLA
BAR VEIGA
BAR O CABALIÑO
BAR CRUCEIRO
IRENE SOTO
AGROCAMPO
CARNICERIA DE PILAR


PETELOS:
BAR MIRO PEREIRO
ALMACENES RUBI
ORQUESTA M3 (MIKAELA)


SANGUIÑEDA:
FARMACIA SANGUIÑEDA
ESTANCO ANIBAL
CENTRO DE DIA ADIANTE
AUTOESCUELA QYARO
CLINICA DENTAL PATRICIA CARRERA
BAR PONTE DE SENLLE
NOVANITY PELUQUERIA
BAR BARREIRO
AGROPORRIÑO (Isabel)

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.