Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 13 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACIP denunica a negativa do Concello a devolver mais de 100.000€ de "sancións ilegais"

"Esta desidia obríganos novamente a acudir a Fiscalía para que a Sra. Fernández cumpra coa lei" sinalan

"Levamos mais de un ano e medio, dende que o Tribunal Constitucional declarou nulo, e polo tanto inconstitucional, o primeiro dos estados de alarma decretados polo goberno. As poucas horas, o executivo estatal notificaba a todas as institucións a obrigatoriedade de devolver as contías de cada unha das sancións interpostas durante ese período" explican dende ACIP.

 

Como corresponde, o Goberno de España e a Xunta de Galicia puxéronse a devolver os cartos de oficio, pero non así o Concello de Ponteareas. "Somos coñecedores de que existen varios veciños afectados por estas sancións, sobre a que en reiteradas ocasións requirímoslle ao goberno municipal a súa devolución. Seguindo o esquema de actuación do imposto de plusvalía (no que cobrou máis de 90.000€ de forma ilegal), tratan de non ofrecer información o respecto" sinalan.


Ante estes feitos, Alternativa Ciudadana de Ponteareas esixiu información sobre o proceso no Pleno Ordinario do mes de abril. Coa información correspondente sabemos que nos atopamos por enriba das 400 sancións (unhas 115 no 2020 e 288 no 2021), que a unha media de trescentos euros de importe por cada unha sitúan a apropiación ilegal do Concello por enriba dos 100.000€.


"Ante a falta de respecto aos veciños pero tamén ante a negativa a cumprir as sentenzas xudiciais por parte da alcaldesa, algo que xa ven converténdose en habitual, vémonos na obriga de presentar unha denuncia ante a Fiscalía de Vigo, co obxectivo de que faga cumprir a propia sentenza e devolva a os veciños o seus cartos incautados ilegalmente polo goberno local" denuncian.

 

Como sinala o líder de ACiP, Juan Carlos González Carrera: «Estamos ante unha situación inaudita, na que a alcaldesa négase a devolver os cartos que pertencen a cada veciño, sospeitamos que porque xa se gastaron e as arcas municipais encóntranse baleiras», aínda así, Carrera reivindica que «tras un ano e medio, non hai escusa que sirva ante este feito vergoñento, co cal pasamos de demandar a actuar ante a Fiscalía, para que o Concello que se restitúa a legalidade, procedendo a anulación de todos eses expedientes como decretou o Constitucional e devolvendo ata o último euro desas sancións».

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.