TURISMO
A Xunta aborda coa embaixada de Australia vías de colaboración en seguridade e turismo
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiron a representantes da embaixada nun encontro no que se abordou a atención aos peregrinos procedentes do país australiano
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiron esta semana a unha representación da sección consular da Embaixada de Australia en España co obxectivo de poñer en común posibles vías de colaboración en materia de seguridade e turismo.
Ao encontro asistiu o responsable de asuntos consulares da Embaixada de Australia en España, Joseph Rojano xunto coa asistente consular Zhanna Nurmakhanova. Por parte da Xunta, tamén estivo presente o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal.
Entre os temas abordados tratouse o auxe da peregrinación a Santiago de Compostela. Nesta liña, cómpre lembrar que, entre as súas funcións, a Policía Autonómica encargase da vixilancia das rutas xacobeas e da atención os peregrinos. De feito, o ano pasado, no segundo ano do Xacobeo 21-22, levaron a cabo máis 5.000 inspeccións nos distintos camiños para garantir a seguridade.
As patrullas da Policía Autonómica encargáronse de actuacións en materia de seguridade nos desprazamentos dos peregrinos, nos actos institucionais, culturais, sociais, deportivos ou de calquera outro tipo relacionados co Ano Santo, e nas visitas de autoridades, moitas delas en coordinación coas demais forzas e corpos de seguridade.
Ademais, Australia atópase entre os países internacionais dos que proceden máis peregrinos. Así, o ano pasado a cifra deste país foi de máis de 2.560. Deste xeito, estase a recuperar a peregrinación internacional tras a pandemia da coronavirus co obxectivo de acadar os 5.300 peregrinos procedentes de Australia que chegaron en 2019, colocando a este país no posto 11.
Para acadar este obxectivo, xoga un papel relevante a Australian Friends of the Camino, situada en Stirling, ao sur do país. As máis de 300 asociacións de amigos do Camiño repartidas por todo o mundo son un piar fundamental na difusión e promoción das rutas xacobeas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22