SOLIDARIOS
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down
O venres 17 celebrarase o I Desfile Inclusivo da entidade xunto a Decathlon, no centro comercial Vialia
DOWN Vigo inicia esta semana os actos conmemorativos do Día Mundial da Síndrome de Down, que terá lugar o próximo 21 de marzo. Así, a entidade organizará actos en varios puntos da cidade, coa intención de visibilizar a inclusión real e romper os estereotipos que, aínda a día de hoxe, permanecen na sociedade.
O venres 17 de marzo ás 18:30 horas celebrarase o I Desfile Inclusivo, en colaboración con Decathlon, no escenario Vigo Exporta do centro comercial Vialia. Trátase dunha iniciativa solidaria que busca sensibilizar acerca dos valores do deporte: cooperación, esforzo e mais traballo en equipo. Persoas coa Síndrome de Down e outras diversidades intelectuales compartirán pasarela con traballadores/as de Decathlon, para entre todos amosar que todos os deportee poden ser unha ferramenta de deenvolvemento individual e colectivo. Ese mismo día, ás 17:30 horas terá lugar o taller infantil inclusivo ‘Pinta o teu calcetín’, que fomentará o valor da diferenza e a diversidade.
O martes 21 de marzo, Día Mundial del Síndrome de Down, inaugurarase na Planta baixa do centro comercial Gran Vía a exposición ‘Donde puedo ser’. É un proxecto colaborativo no que as persoas coa Síndrome de Down e diversidade intelectual visibilizan as diferentes realidades. Así, coa iniciativa dos calcetíns desparexados explícase de forma moi visual que ningunha persoa é igual a outra. E iso precisamente nos enriquece como sociedade. A exposición poderase visitar ata o próximo 2 de abril.
O martes 21 de marzo inaugurarase a exposición ‘Donde puedo ser’ no centro comercial Gran Vía
Pola súa parte, a Federación Down Galicia celebrará un acto conmemorativo con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que terá lugar o próximo martes 21 de marzo de 2023 ás 19:00 horas, no Teatro Principal de Ourense. Esta xornada de sensibilización incluirá a lectura do Manifesto pola Promoción da Autonomía Persoal e a entrega dos VIII Premios Down Galicia.
Campaña de Down España
Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, DOWN ESPAÑA lanza a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más”, co obxectivo de cambiar a forma de ver ás persoas coa síndrome de Down, que a cotío está cargada de prexuizos e mais estereotipos que dificultan a súa inclusión na sociedade.
GenXeneralizacións como as de que son todos cariñosos ou uns anxeliños ou algunhas máis despectivas referidas a que levan unha vida sen aspiracións nin metas, ou a que son persoas inactivas, que representan unha carga familiar, etc… se contradicen coa realidade que viven as propias persoas coa síndrome de Down hoxe en día. Eles/as sinten que teñen vidas plenas, cargadas de ilusións e proxectos. Por iso, reivindican unha imaxe acorde coa autonomía da que xa disfrutan, que lles da acceso a unha vida sen límites.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163