Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 16 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrece o seu concerto de primavera

Este sábado 18 de marzo, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebra o Concerto de Primavera, unha cita da agrupación musical que xa se converteu en habitual. O concerto terá lugar no auditorio do Centro Cultural da parroquia ás 19:00h e de novo este ano será un encontro moi especial.


O ano pasado, a singularidade deste concerto marcouna a participación do cuarteto de saxofones Dextrum Ensemble, mentres que nesta ocasión farao a intervención de dous directores diferentes á fronte da banda. Así pois, o deste sábado será un concerto de despedida ao que ata hai uns meses era o director da agrupación, Javier Blanco, ao mesmo tempo que unha benvida oficial ao actual, Rodrigo Iglesias.


O Concerto de Primavera da Banda de Xinzo dividirase en dúas partes. Baixo a dirección de Javier Blanco, os músicos interpretarán obras da embergadura de Suspiros de España, de Antonio Álvarez, ou The Hounds of Spring, de Alfred Reed. E a parte dirixida por Rodrigo Iglesias compoñerase de pasodobres como Rapsodia Galega nº1, de Enrique García, e Caballería Ligera, de Franz von Suppé.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.