Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 17 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG denuncia "engano sobre a subvención do Concello ao Festival de Cans"

"O alcalde está a difundir nun comunicado de prensa do Concello información falsa sobre a axuda que o Concello do Porriño aporta ao Festival de Cans. Afirma que o goberno que dirixe vén de duplicar agora esta axuda, de 20.000 a 45.000€, cando a cantidade que se incrementa é de 5.000€" denuncian de nde o BNG.

 

"Realmente foi no ano 2021 cando a Concellaría de Cultura, dirixida na altura pola compañeira do BNG Cami Moreira, duplicou a aportación que o Concello do Porriño destina ao Festival de Cans, pasando de 20.000 a 40.000€. A cambio deste importante incremento, a organización do festival comprométese desde aquela a asumir parte da loxística do evento e a proxectar curtametraxes nas parroquias e nos barrios do Porriño ao longo do ano. O que realmente se aprobou no pleno da semana pasada, co voto a favor do BNG, foi unha actualización da partida, polo que a aportación municipal pasa a ser agora de 5.000€ máis" explican os nacionalistas.

 

Desde o BNG adeguran " levamos tempo advertindo que Alejandro Lorenzo pretende subvencionar a súa campaña electoral particular cos cartos dos veciños e veciñas do Porriño. O uso partidista e propagandístico da comunicación oficial do Concello e das súas redes sociais oficiais non ten límites e é impropia dun alcalde honesto". “Non é a primeira vez que os comunicados oficiais do Concello serven para difundir mentiras do alcalde. Parécenos especialmente grave que se pretenda empregar en beneficio propio o traballo do asociacionismo cultural do municipio”, declarou o candidato do Bloque, Pedro Pereira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.