Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 16 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos inviste preto de 50.000 euros na renovación do Óscar Pereiro

Durante toda a lexislatura esta infraestutura deportiva foi obxecto de varias obras de mellora integral

Onte iniciouse a obra de reforma do tellado do Pavillón Municipal Óscar Pereiro, na parte que cubre a zona central, onde se atopan os vestiarios. O prazo de execución dos traballos de substitucion do material de cubrición é de 2 semanas e contan cun orzamento de 48.308,64 euros íntegramente financiados con fondos propios municipais.

 

Así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Deportes, José Areal, que fixeron un repaso de todas as melloras acometidas na infraestrutura deportiva durante a presente lexislatura consistentes no cambio de cuberta na parte da pista do pavillón, a substitución do parqué da pista deportiva e a reforma dos vestiarios, entre outras. Tamén se realizou o encintado do vaso da piscina e selado dos azulexos. A obra de mellora do firme da pista de xogo do Pavillón Óscar Pereiro consistiu na fixación das tablas do parqué, pulido e barnizado das mesmas, así como posterior marcado e pintado das diferentes liñas que delimitan os terreos de xogo para os distintos deportes que alí se practican.

 

Neste senso os representantes municipais, Arévalo e Areal, destacaron que “durante toda a presente lexislatura priorizamos o mantemento e mellora integral das instalacións do Pavillón Óscar Pereiro, ao tratarse da maior e principal insfraestutura deportiva do Concello, que ten xa unha antigüidade de máis de 20 anos, co conseguinte e envellecemento provocado polo paso dos anos”.

 

Detalles da actual obra de cambio de cuberta central
Os traballos actuáis na cuberta da zona central (onde se atopan os vestiarios) solucionan filtracións por deterioro da chapa e nas canles. Como existe unha instalación de paneis solares foi necesario retiralos para posteriormente volver colocalos, unha vez finalizados os labores. A actual chapa da cuberta será substituída por unha estrutura en aceiro galvanizado e vigetas pretensadas de formigón para a colocación dun novo panel de 30 mm de espesor. Realizaranse novas canles e baixantes para a evacuación das augas e instalarase tamén no patio existente unha cuberta translúcida.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.