NIGRAN
Nigrán celebra este sábado no pavillón o 'Día da Rítmica' con 132 ximnastas
O evento está organizado polo clube con sede en Nigrán 'As Estelas', que estreará para a xornada o tapiz de competición mercado polo Concello
O Concello de Nigrán celebra este sábado 18 de Marzo desde as 17:30 horas no Pavillón Municipal de Panxón o 'Día da Rítmica' coa presenza de 132 ximnastas de 22 clubes de toda Galicia. O evento non competitivo, organizado entre o Concello e o clube con sede en Nigrán 'As Estelas', servirá como preparatorio para os campionatos provinciais do 1 e 2 de Maio. Trátase da primeira vez que Nigrán acolle esta xornada e para elo o Concello estreará o seu primeiro tapiz de competición (de 14x14 metros, persoalizado co logo 'Nigrán, equilibrio natural', e cun investimento de 4.295 €) e a cortina divisoria que permitirá ter simultáneamente unha zona de adestramentos e outra de exhibición.
"Estamos encantados de poder acoller o evento e de contribuír á promoción deste deporte porque precisamente con este obxectivo adquirimos o tapiz de competición", explica o alcalde, Juan González, en referencia a esta entidade deportiva nacida no ano 2013 e conformada por 40 nenas de Nigrán que na actualidade se reparte entre os pavillóns do CPI Arquitecto Palacios e Municipal de Panxón.
Para este día, o club local 'As Estelas' adestrado por Nahir Varela e con Lara Lorenzo como presidenta (ambas licenciadas en Actividade Física e do Deporte) presentará ao seu equipo alevín e, en individual, a Carla Rodríguez na categoría 'Infantil Promo'. Durante a xornada venderán rifas a beneficio do club e con premios no comercio local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.120