Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 19 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Sanidade confírmal a reforma no Centro de Saúde de Ponteareas

A candidata popular reúnese con Julio García Comesaña para avaliar a actual situación sociosanitaria na vila e trasladarlle o seu proxecto político

A candidata á alcaldía de Ponteareas polo Partido Popular e a número 3 da súa candidatura, Raquel Plana, volveron reunirse co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para avaliar o actual estado da atención sociosanitaria de Ponteareas e trasladarlle o proxecto político que ofrecerán á cidadanía a partir do 28 de maio.

 

Nesta reunión de traballo, as representantes dos populares de Ponteareas priorizaron ante o titular de Sanidade a necesidade de realizar reformas no actual centro de saúde mentres non se constrúe o novo edificio. A reforma consistirá en acondicionar unha nova consulta para poder dar servizo á cidadanía e aumentar así a capacidade de atención do centro.

 

“Ponteareas é unha vila que precisa dar servizo sanitario non só aos 23.000 habitantes do municipio, se non a todas as persoas da comarca, que suman case 50.000 pacientes en total. Debemos ser un centro referente, capaz de abordar a toda a poboación que o precise” asegura a candidata popular, Nava Castro.  

 

O conselleiro, coñecedor da situación de Ponteareas, confirmoulles que a Xunta de Galicia comprométese a realizar, á maior brevidade posible, esta reforma para poder mellorar a capacidade asistencial do centro.

 

Plan Obesidade Zero
No marco deste encontro monográfico de traballo sobre a área sociosanitaria, Castro e Plana aproveitaron a ocasión para abordar o plan Obesidade Zero, impulsado pola Xunta de Galicia, co que colaboran activamente desde o Centro de Saúde de Ponteareas.

 

O plan xorde como idea para fomentar os hábitos saudables entre a mocidade. Entre outras opcións, tamén se abordou a idea de que sexan o equipo de nutricionistas do centro os que colaboren na elaboración dos menús de comedor dos centros educativos da vila, unha proposta á que o Conselleiro outorga a súa aprobación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.