Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 17 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño acolle esta fin de semana o XXVII Merca na Rúa

Serán 24 os postos de venta que se atoparán na feira de stocks organizada por Acipor e o Concello do Porriño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Antía Carrera, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño, Juana Pérez, presentaron a XXVII edición da feira de oportunidades “Merca na rúa” organizada por Acipor e o Concello do Porriño.


O evento celebrarase esta fin de semana, o sábado 18 e o domingo 19. Instalaranse 24 postos de venta na rúa peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos. Calzado, roupa, óptica, moda infantil, mercería ou accesorios serán algúns dos artigos nos que se poderán conseguir descontos de ata o 80 %.


“Son como sempre descontos moi importantes, xa que se trata de facer espacio nos almacéns de cara a nova tempada”, explicou a presidenta de Acipor, “Ademais, como cada ano, haberá actividades lúdicas para os nenos”.


Completan a programación inchables para os/as máis pequenos/as as dúas xornadas, un concerto na praza Arquitecto Antonio Palacios a cargo das alumnas da escola Pianagrama (o sábado a partir 19 h), e obradoiros de “Sombras e luces” e “Acuarela” da man de Hypatia que se desenvolverán o domingo.


O rexedor quixo convidar “á veciñanza do Porriño e da contorna a visitarnos, a disfrutar da nosa vila e aproveitar as importantes ofertas que se atoparán”.


A feira estará aberta ao público en horario ininterrumpido de 10  a 21 h o sábado e o domingo de 11 a 20 h.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.