Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 19 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Xunta mellora as instalacións de comedor escolar en Gondomar

A Consellería de Educación reformou a antiga vivenda do conserxe do colexio Serra de Vincios para habilitalo para comedor

A Xunta de Galicia vén de reforzar as infraestruturas de comedor escolar en Gondomar cunha inxección de preto de 85.000€ para as obras de mellora destes espazos nos colexios Serra de Vincios e Plurilingüe Souto-Donas.

 

No caso do colexio CEIP Serra de Vincios, reformouse a antiga vivenda do conserxe así como outros espazos interiores para destinalos a instalacións de comedor escolar, o que absorbeu un orzamento de algo máis de 41.000€. O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, achegouse a este centro para comprobar o resultado das obras, que, na práctica, supoñen unha mellora do confort e da atención ao alumnado que goza deste servizo de xestión autonómica.

 

 

 

 

No Plurilingüe Souto-Donas creouse un novo espazo específico para un mellor servizo ao alumnado

 

 

 

 

No colexio Plurilingüe Souto-Donas, a Consellería acondicionou un novo espazo para comedor de preto de 90 metros cadrados. Esta obra, á que se destinaron case 44.000€, supuxo ordenar os espazos de sala de profesores e almacén.

 

Con estas dúas obras, a Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso con Gondomar en materia de educación, cunha importante mellora das instalacións escolares no que atinxe, neste caso concreto, ao servizo de comedor escolar.

 

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación xestiona o 100% das prazas de comedor escolar deste concello, ás que no presente curso destina un orzamento de 341.000 euros. Isto blinda o servizo a 324 usuarios distribuídos en cinco centros educativos públicos, do que neste curso se fixo cargo a Xunta logo da renuncia por parte do concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.