Vigo
A Xunta elimina tres puntos de vertido de augas en Cabral
Arquivo |Image licensed by © Ingram Image
O traballo dos inspectores da Xunta e a colaboración cos técnicos do Concello de Vigo permitiron identificar as propiedades nas que se orixinaban as achegas irregulares
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou tres punto de vertido de augas residuais na parroquia de Cabral cara ao rego de Pepín, no concello de Vigo.
Este foco foi identificado no marco das inspeccións de rastrexo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia.
O traballo dos inspectores da Xunta e a colaboración dos técnicos do Concello de Vigo permitiron identificar as propiedades nas que se orixinaban as achegas irregulares ao dominio público hidráulico.
Para a solución destes focos foi precisa a instalación dun novo colector de saneamento na avenida da Ponte, que permitiu a conexión das vivendas das cales procedían os vertidos á infraestrutura de saneamento municipal.
Nunha nova visita á zona, os técnicos da Xunta verificaron que a execución das acometidas á nova rede permitiron a emenda dos vertidos.
Arquivo |Image licensed by © Ingram ImageA Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou tres punto de vertido de augas residuais na parroquia de Cabral cara ao rego de Pepín, no concello de Vigo.
Este foco foi identificado no marco das inspeccións de rastrexo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia.
O traballo dos inspectores da Xunta e a colaboración dos técnicos do Concello de Vigo permitiron identificar as propiedades nas que se orixinaban as achegas irregulares ao dominio público hidráulico.
Para a solución destes focos foi precisa a instalación dun novo colector de saneamento na avenida da Ponte, que permitiu a conexión das vivendas das cales procedían os vertidos á infraestrutura de saneamento municipal.
Nunha nova visita á zona, os técnicos da Xunta verificaron que a execución das acometidas á nova rede permitiron a emenda dos vertidos.




































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11