Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 21 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O CEIP Xosé Fernández López contará con comedor escolar o vindeiro curso

O servizo estará en marcha dende o inicio do curso 23/24 dando resposta a unha demanda histórica da comunidade educativa do centro

O CEIP Xosé Fernández López ofrecerá no vindeiro curso 23/24 o servizo de comedor escolar. Así o anunciaron onte o alcalde, Alejandro Lorenzo, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que adiantaron que xa se dispón de financiación para a construción e posta en  marcha do mesmo.


Trátase dunha das principais demandas deste céntrico centro educativo que ata o de agora non contaba con este e outros recursos de conciliación, e no próximo curso ofertará aos pais e nais o servizo de Aula Madruga e o de comedor escolar.


Aproveitando o periodo non lectivo de semana santa, o Concello do Porriño iniciará as obras de acondicionamento da zona onde se ubicará o futuro comedor, retirando dous depósitos de combustible que se instalarán nunha zona máis segura do recinto.


Procederase tamén dende o Concello á substitución do valado perimetral na zona traseira do recinto, xa que o actual se atopa en moi mal estado e supón un risco para o alumnado. As obras de acondicionamento inclúen tamén a reparación da cuberta do pavillón deportivo, que presenta problemas de illamento e xa está proxectada tamén a creación dunha zona verde de xogo infantil. Cabe destacar, que neste curso leváronse a cabo dende o Concello do Porriño varias melloras no Xosé Fernández López como a instalación dunha pista multideportiva, acondicionamento do patio cuberto ou a mellora dos vestiarios do ximnasio. Tamén se executou dende a administración autonómica a renovación das luminarias do centro.


“O Xosé Fernández López vén reivindicando dende hai anos, con moita razón, a necesidade de contar con este servizo, que tería unha gran demanda e facilitaría notablemente a conciliación ás familias do centro urbano”, explicou o alcalde, “Por fin será unha realidade grazas ao traballo conxunto da comunidade educativa do centro, dirección, claustro e ANPA que sempre nos tenderon a man para traballar polo colexio, a Xunta de Galicia á que agradezo a disposición mostrada dende o principio, e  ao Concello, concretamente á concelleira de Educación, Carolina González que sempre defendeu que isto era unha prioridade. Cando todos remamos xuntos cara un obxectivo, o conseguimos”. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.