Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Unha veciña de Tui detida por queimar presuntamente 21 coches

Unha muller de 51 anos recoñeceu ante a Garda Civil ser a presunta autora do incendio e destrución de 21 coches en Tui. Os incendios intencionados producíronse en cinco puntos diferentes do casco histórico da cidade, provocando o pánico entre os veciños. A rápida actuación dos axentes permitiu identificar á autora dos feitos grazas ás cámaras de seguridade instaladas pola cidade, aínda que ela intentou encubrirse cunha capucha

 

Os danos causados polo lume tamén afectaron varios muros, portóns de madeira de dous edificios, cristais de ventás e ao empedrado histórico das rúas, que quedou completamente queimado en algúns puntos. Este acto vandálico podería ter como orixe unha disputa familiar coa que mantén desavenzas, segundo algúns veciños. A muller detida será levada a disposición do xulgado de Tui acusada de delitos continuados de danos.

 

[Img #80942]

 

As cámaras de seguridade instaladas na Praza da Armada Española permitiron gravar os feitos, que ocorreron ás cinco da mañá do luns, cando ardían sete vehículos estacionados preto dunha das instalacións da Comandancia do Miño. A detención da autora dos incendios levou a calma aos veciños da parte histórica de Tui, que tiñan medo de que o suceso se repetira. Algúns recoñeceron que a detida e a súa familia tiñan desavenzas con outra familia, mais nunca imaxinaron que chegaran a estes extremos.

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.