VIGO
O BNG de Vigo urxe a fin do “abandono” do aeroporto de Peinador
A fronte nacionalista esixe explicacións no Congreso, a través do deputado e portavoz nacionalista, Néstor Rego, polo terceiro peche da terminal a causa dunha fochanca
O Bloque Nacionalista Galego de Vigo urxe a fin do “abandono” do aeroporto de Peinador por parte do Goberno español, após o terceiro peche da terminal no último ano e medio a causa dunha fochanca na pista. A fronte nacionalista vén de presentar unha batería de iniciativas no Congreso, a través do deputado e portavoz nacionalista, Néstor Rego, para que o Executivo estatal dea explicacións por esta nova incidencia.
“É intolerábel que unha fochanca volva provocar o peche do aeroporto do sur de Galiza, tendo que desviaraté 30 voos a outras terminais”, cuestionou o concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que asegurou que esta situación evidencia o“abandono” que padece o aeroporto vigués. “Non ten ningunha xustificación que non se teña feito nin tan sequera o reasfaltado da pista que prometeu hai varios meses”, denunciou.
Igrexas reprochou nese sentido a negativa do Goberno de PSOE e Unidas Podemos á emenda formulada polo Bloque aos Orzamentos Xerais do Estado de 2023 para despregar un plan de dinamización da terminal de Peinador. Unha emenda coa que as nacionalistas demandaban incorporar unha partida de 2,5 millóns de euros para mellorar as infraestruturas da terminal e garantir así a súa operatividade.
“O BNG vai reclamar no Congreso explicacións ao Goberno español sobre esta nova incidencia pero, sobre todo, esixir con absoluta firmeza a fin do abandono do aeroporto de Peinador”, remachou o candidato nacionalista.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11