Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 23 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta adxudica as obras de humanización das rúas Buenos Aires e Progreso

Actuarase nun treito de case 700 metros da PO-329 para reforzar a seguridade peonil, mellorar a accesibilidade e a estética da vía e favorecer a integración urbana

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 879.549 euros a execución das obras de humanización das rúas Buenos Aires e Progreso do concello do Porriño.

 

Con esta actuación, adxudicada á empresa Construcciones Fechi, S.L.U., impúlsase a reforma integral da estrada PO-329 ao seu paso polo centro urbano, na que a Xunta proxecta a transformación desta vía autonómica nunha rúa na que os coches cedan protagonismo en favor dos peóns.

 

O departamento de Infraestruturas da Xunta prevé iniciar as obras na segunda quincena de abril, cun prazo de execución de 5 meses.  

 

Os traballos comprenden a intervención nun treito de case 700 metros desta vía autonómica, na que se reforzará a seguridade a pé dos veciños, ademais de mellorar a accesibilidade e tamén o aspecto estético deste treito da vía, favorecendo a súa mellor integración urbana.

 

En concreto, os traballos consistirán na execución de beirarrúas máis anchas, para o que se reducirá un pouco a anchura dos carrís de circulación; na reordenación das zonas de aparcadoiro en todo o treito de actuación; na renovación dos pavimentos, tanto das beirarrúas como dos aparcadoiros; e na rehabilitación da calzada.

 

Completarase a actuación coa dotación de mobiliario urbano: disporanse bancos, papeleiras, xardineiras e árbores; ademais de mellorar a iluminación con 22 novos puntos de luz e con 12 reforzos luminosos nos pasos peonís, para garantir unha maior seguridade.

 

Os traballos proxectados polo departamento de Infraestruturas da Xunta dividiranse en cinco treitos, en función das necesidades de actuación detectadas en cada un deles.

 

No primeiro tramo, entre as dúas interseccións coa rúa dos Muíños, que chega ao comezo do peche protexe as vías do tren, aumentarase o ancho da beirarrúa, reducíndose os carrís e deixando as prazas de aparcadoiro na marxe dereita.

 

 

 

 

A Xunta prevé iniciar na segunda quincena de abril esta actuación na estrada autonómica ao paso polo centro urbano do municipio

 

 

 

 

No segundo treito, desde o comezo do peche de Adif ata o paso a nivel, reordenarase a sección actual da calzada para aumentar o ancho das beirarrúas, manténdose tamén aquí os aparcadoiros na marxe dereita.

 

O tramo tres vai desde o paso a nivel ata o cruce coa rúa Ponte do Valo, onde se proxecta unha plataforma compartida a nivel, de sentido único de circulación desde o mesmo paso a nivel ata a rúa Avelino Villasuso.

 

No cuarto treito, que descorre cruzando o río Louro e pasa baixo a autovía A-55, vaise mellorar a seguridade peonil, colocando pasos elevados e adaptándose á normativa de accesibilidade.

 

E no quinto treito, que acaba na glorieta da PO-331, reordenarase a calzada para gañar espazo para os peóns, reducindo o dos carrís, ademais de dispoñer sitio para os contedores e aparcadoiros.

 

No seguinte enlace poden descargarse fotografías do antes e infografías da actuación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.