Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 24 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Festival de Cans impulsa esta fin de semana o “Canciños Fest”

O certame conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e terá lugar este sábado 25 e domingo 26, con entrada gratuíta, no Círculo Recreativo Cultural

O Festival de Cans organizará esta fin de semana no Porriño o “Canciños Fest”, un novo certame que nace coa intención de achegar o cinema en lingua galega ás máis pequenas e pequenos. O festival conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e terá lugar este sábado 25 e domingo 26 de marzo nas instalacións do Círculo Recreativo cultural de O Porriño, con entrada gratuita.



Entre os contidos que os pequenos da casa poderán desfrutar coas súas familias están curtametraxes e longametraxes de animación, obradoiros e actividades relacionadas co cinema e coa lingua galega. O Festival de Cans quere comezar, deste xeito, as celebracións do seu vixésimo aniversario, homenaxeando ás máis pequenas e pequenos da casa.



O sábado 25 de marzo, desde as 17,00  horas, o público poderá asistir a unha sesión de curtametraxes de animación para o público infantil, con cinco curtametraxes que pasaron por diversas seccións do Festival de Cans ó longo dos seus vinte anos de historia. Nesta sesión poderán verse “O Soldadiño de chumbo” de Virxinia Curiá e Tomás Conde, “O Xigante” de Luis da Matta, “Man”, sobre o alemán Man de Camelle, dirixida por Juan Carlos Abraldes ou “A nena que tiña unha soa orella” de Álvaro León. Tamén “A flor máis grande do mundo”, unha fermosa curtametraxe dirixida por Juan Pablo Etxeverry, a partir dun relato do Nobel de Literatura José Saramago.



Logo de rematar a sesión de curtametraxes, para as 18,30 horas está programado un obradoiro de sons musicais para o cinema, guiado polo artista multidisplinar porriñés Juanma Lodo. A través das súas explicacións poderán entrar en todas as emocións que pode transmitir o cinema a través da música e da creación de bandas sonoras.



O domingo 26 de marzo, de novo haberá unha sesión de cine ás 17,00 horas, nesta ocasión coa longametraxe de animación para nenos “Maimiño” de Ernesto Padron, coproducida entre Cuba e Galicia. E ao rematar, será a quenda dos contadores de Polo Correo do Vento  cun espectáculo de música e narración oral titulado “Unha historia do cinema en Galicia”, no que achegarán ás pequenas e pequenos de xeito didáctico diversos momentos dos filmes máis célebres feitos en Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.