VIGO
Tapias salienta a traxectoria da Vig-Bay como exemplo dos “valores da cidade”
A delegada da Xunta en Vigo participou na presentación da vixésima segunda edición da proba, que recibirá este mesmo xoves o galardón da cidade
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou esta semana os valores da XXII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay e a II Mini Bay como símbolo da cidade. A representante autonómica salientou na presentación da cita o exemplo de “esforzo, superación, diversidade e solidariedade” que leva á proba a ser recoñecida hoxe mesmo na gala dos Vigueses Distinguidos 2023.
Fernández Tapias destacou que “dende o nacemento da Vig-Bay no ano 2000, a carreira converteuse nun símbolo da unión de tres concellos veciños e no mellor exemplo de que o entendemento e a colaboración son as mellores fórmulas para avanzar”. Así, definiu o percorrido urbano entre os tres municipios como “unha beleza da natureza e un escenario inigualable” que contribúen á que a Vig-Bay sexa “unha das mellores maratóns do mundo”.
O 27 de febreiro do ano 2000 daba a saída a primeira edición da Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay con 613 corredores. Nesta vixésimo segunda edición, a Vig-Bay conta con máis de 4.000 atletas e xa é a proba popular con maior participación de Galicia.
“Este percorrido, no que os corredores sempre teñen á vista o mar de Vigo e as súas illas, tamén serve como trazado, á inversa, dos peregrinos do Camiño da Costa. E de forma paralela á proba, o roteiro xacobeo experimentou nos últimos anos un gran auxe”, sinalou a delegada territorial.
Ademais, lembrou que durante as dúas últimas décadas a proba “non parou de crecer” sinalando que naceu do “sono” dun grupo de persoas. “Dese sono, dese proxecto de Eduardo Vieira, chegamos ao que é hoxe”, valorou augurando a continuación que a proba seguirá a medrar tanto en prestixio coma en número de participantes nos vindeiros anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11