Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 16:14:28 horas

Xornal21.es
Viernes, 24 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación mobiliza 3,8 millóns de euros en novos recursos para turismo, dotacións públicas e eficiencia enerxética

Tourist Inside II investirá 519.000 euros con fondos europeos Next Generation para modernizar as oficinas de Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Salvaterra e Tui

A Deputación de Pontevedra vén de mobilizar preto de 3,8 millóns para 25 concellos da provincia: 2,5 millóns do Plan Concellos e 1,3 millóns procedentes de fondos europeos para seguir impulsando a transformación dixital do turismo a través do programa “Tourist Inside II” e para a eficiencia enerxética dos servizos de abastecemento de augas residuais. A presidenta da Deputación Carmela Silva informou que serán os concellos de Baiona, Barro, Caldas, A Cañiza, Gondomar, O Grove, Marín, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Ponteareas, Pontecesures, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vilagarcía os que se beneficien destas achegas do Plan Concellos e de fondos europeos, Next Generation para o proxecto “Tourist Inside II” e FEDER a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía). Con estes recursos, a Deputación transformará 7 oficinas turísticas da rede Info Rías Baixas e os concellos impulsarán novas dotacións e mellorarán outras xa existentes, recuperarán espazos públicos, afrontarán gastos correntes e prestarán servizos públicos máis sostibles.

 

No marco do Plan Concellos son 13 as achegas que se aproban esta semana para 12 concellos da provincia por valor de 2,5 millóns. Na liña 1 de investimentos benefícianse Caldas (336.000 € para a rede de saneamento no Ameal e Valsordo), Baiona (300.000 € para o 2º tramo de restauración da senda peonil de Baredo), Ribadumia (248.000 € para a ampliación e mellora do punto limpo -176.000 €- e a mellora de camiños nas Quintáns -72.000 €-), Salvaterra (229.000 € para a mellora das instalacións de abastecemento no bombeo da captación, depósito, ETAP e rede de distribución), O Porriño (229.000 € para a mellora dos parques infantís), Marín (220.000 € para a humanización de vías en Pedreiras), Vilagarcía (174.000 € para a mellora da accesibilidade ao centro de formación de Matosinhos), Moraña (172.000 € para a mellora de camiños no rural), Gondomar (75.000 € para o acondicionamento do camiño de Torno, en Galisteo), Mos (75.000 € para a mellora de pavimentación de camiños municipais) e Mondariz (70.000 € para a ampliación do saneamento no barrio do Cruceiro, en Vilasobroso). Pola outra banda, na liña 2 de gastos correntes Tomiño obtivo máis de 380.000 € para sufragar gastos de alumeado público.

 

A Deputación acada fondos Next Generation para pór en marcha o “Tourist Inside II”
Ademais dos recursos que se van mobilizar a través do Plan Concellos, a presidenta Carmela Silva tamén deu conta “dun investimento de 519.000 euros para poñer en marcha o proxecto Tourist Inside II”. Carmela Silva lembrou que “xa investimos a través do primeiro Tourist Inside 2 millóns de euros que nos permitiron modernizar o turismo dixital na provincia”, transformando 12 das 33 oficinas da rede Info Rías Baixas e o Palacete das Mendoza e co proxecto piloto de praia intelixente en Nigrán. E, con estes novos recursos, “imos modernizar outras sete –As Neves, Tui, Redondela, Salvaterra de Miño, O Rosal, Mondariz-Balneario e Ponteareas– e tamén implantar novas ferramentas na web de Turismo Rías Baixas, formar o persoal de atención, elaborar diagnoses de ciberseguridade e implantar unha ferramenta de mellora de fluxos nas oficinas e no Castelo de Soutomaior”.

 

 

 

 

Baiona, Barro, Caldas, A Cañiza, Gondomar, O Grove, Marín, Meis, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Ponteareas, Pontecesures, O Porriño, Ribadumia, Salceda, Tomiño e Vilagarcía benefícianse de achegas do Plan Concellos e fondos europeos captados a través do IDAE

 

 

 

 

“Imos ter –asegurou a presidenta– datos moi relevantes cos que tomar decisións para que non se produzan situacións incómodas, nin para as persoas turistas nin as residentes, e poidamos ter un turismo dixitalizado e sostible”. Ademais, puxo en valor que “só 35 entidades locais e deputacións recibiron axudas nesta convocatoria”, o cal quere dicir que “somos unha administración moi valorada polo Goberno de España”. E detallou as 12 accións que inclúe “Tourist Inside II” entre as que se atopan: a creación de contido semántico sobre novos produtos turísticos aliñados co Plan Estratéxico 2021-2023; o deseño de asistentes conversacionais e chatbots para a web de turismo; a dixitalización das 7 oficinas; sinaléctica dixital; chatbots en destino e integrados na app e tótems; accións de gamificación; mellora da explotación do Date Lake de datos turísticos e integración de fontes do Internet das Cousas (IoT); unha ferramenta dixital para mellorar a xestión de fluxos, control da capacidade e distanciamento social nas oficinas e no Castelo de Soutomaior; a posta en marcha de mapas dixitais en tempo real coa información meteorolóxica de estacións de medición e monitorización dos niveles de contaminación e calidade do aire; un sistema de alertas asociados a mapas de ruído; formación e capacitación no emprego de novas tecnoloxías e ferramentas dixitais; e unha diagnose e boas prácticas de ciberseguridade.

 

Oito concellos aforrarán un 30% de enerxía no abastecemento de augas residuais
A Deputación tamén aproba esta semana destinar máis de 709.000 € para que oito concellos da provincia poidan desenvolver actuacións de mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de abastecemento de augas residuais. Os proxectos están financiados nun 80% polo IDAE no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 e permitirán un aforro enerxético do 30%. Os concellos beneficiados son Nigrán (141.000 €), A Cañiza (106.000 €), Meis (87.000 €), O Grove (85.000 €), Ponteareas (81.000 €), Pontecesures (80.000 €), Barro (72.000 €) e Marín (58.000 €). As obras de modernización das instalacións de auga permitirán a substitución de equipamentos como bombas, cadros de mando ou sistemas de arranque, e a incorporación de novos dispositivos de sensorización, caudalímetros, rototamices, sondas de osíxeno ou variadores de frecuencia nas instalacións de abastecemento e depuración de augas residuais. “Seguimos avanzando nunha cuestión fundamental: ter instrumentos que nos permitan o control de auga, un recurso que é escaso e no que cada vez temos que investir máis”, asegurou Carmela Silva.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.