Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 23 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Loita Amada desembarca este sábado en Mos

O 2 de abril chegarán ao Aturuxo de Bueu para compartir coa xente do Morrazo este novo proxecto de Loita Amada

Loita Amada desembarca este sábado 25 de marzo ás 19:00 na Sala Rebullón de Mos convidando as crianzas para facer un concerto familiar e unha gran festa para cantar, bailar e compartir abrazos. Jasper e Nébeda trasladan “moita ilusión por cantar os nosos himnos de amor, rebeldía e loita coas camaradas das comarcas de Vigo e da Louriña”, dentro da exitosa xira “Amarás a loita sobre todas as cousas” que veñen de iniciar. As entradas anticipadas están á venda na cantina As Pedriñas de Mos.

 

Xunto ao labor compositivo de Jasper, a pandeireteira do Morrazo Nébeda Piñeiro rompe o rexistro tradicional para dotar de sentimento un produto orixinal que emana unha gran forza para xogaren coa liberdade compositiva e coa diversidade de estilos musicais.

 

Neste concerto na Sala Rebullón, Jasper e Nébeda contan coa colaboración de seis grandes músicos, tres homes e tres mulleres, que forman a banda que os acompaña na xira que se están a organizar para este 2023. A banda está composta por Iván Barreiro (guitarra), Iria Iglesias (teclado), Kinhos Saburido (percusión), Iván Bernárdez (baixo), María Prado (trompeta) e Xiana Naval (trombón).

 

Todo isto dentro dun espectáculo que ofrecerá o traballo íntegro de Loita Amada, mais tamén homenaxes a grupos como Nao, Fuxan os Ventos, Suso Vaamonde ou Banda Bassotti, entre outros. A festa está asegurada.

 

Concerto no Morrazo

Ademais, o 2 de abril chegarán ao Aturuxo de Bueu para levar toda a enerxía e a emoción do son en directo ao Morrazo, onde as persoas seguidoras de Loita Amada poderán ver a Jasper e Nébeda neste espectáculo que está a colleitar grande éxito nas salas de todo o país. As entradas anticipadas están xa á venda no Aturuxo e en https://www.wegow.com/es-es/artistas/loita-amada

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.