Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 25 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Concello e Sanidade asinan o protocolo para a ampliación do centro de saúde do Rosal

A alcaldesa amosou a súa preocupación pola situación sanitaria actual e o compromiso do Goberno municipal por colaborar na mellora das infraestruturas

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinaron este xoves o protocolo de colaboración para a execución das obras de reforma e ampliación do centro de saúde rosaleiro, un edificio construído no ano 1992 que na actualidade presta asistencia a 4.658 tarxetas de identificación sanitaria e que é preciso modificar para a incorporación de novos profesionais e servizos.


O Concello do Rosal xa presentou á Consellería de Sanidade un informe realizado polo equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal sobre a situación urbanística da contorna do centro de saúde, importante a ter en conta para establecer as posibles intervencións. Ademais, tamén solicitou xa á Xunta o anteproxecto, o proxecto ou a documentación na que se recollan as necesidades marcadas por Sanidade nesta reforma e a delimitación exacta dos terreos necesarios para dar os pasos precisos a nivel urbanístico ou incluso, en caso de precisalo, “estudar a posibilidade dun novo emprazamento para a construción dun centro de saúde novo”.  


Durante o encontro, Fernández Callís amosou a preocupación do Goberno municipal pola situación sanitaria no Rosal, xa que o centro de saúde conta na actualidade cun cadro de persoal minguado, no que seguen sen cubrirse todas as prazas de persoal sanitario, e o consultorio de San Miguel de Tabagón permanece pechado.

Neste intre ao Rosal correspóndelle catro médicos ou médicas de familia e en ningún momento se cubre a totalidade. Por outra banda, o centro de saúde non dispón de todos os servizos necesarios para atender á poboación. A alcaldesa urxiu á Xunta de Galicia a que invista en atención primaria e cubra as prazas pendentes e tendeu a man “a colaborar en todo o que poidamos na mellora das infraestruturas, ben sexa ampliando o centro actual ou coa construción dun novo”.


A rexedora acudiu ao encontro acompañada dos concelleiros Carlos Villanueva e Ramón Fernández Leal, dunha das médicas da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal e un integrante do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Durante a reunión, Fernández Callís trasladou tamén ao conselleiro as necesidades detectadas tras unha reunión mantida co propio persoal sanitario do Rosal e que non están recollidas no plan de infraestruturas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.