O PORRIÑO
Aceesca, 40 anos apoiando ás persoas con diversidade intelectual
Coincidindo co aniversario presentouse LUME, a nova marca de emprego de Aceesca
A Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual, Aceesca, celebrou esta fin de semana o seu 40 aniversario cun acto conmemorativo que se celebrou no Círculo Recreativo Cultural do Porriño.
Acompañando ao presidente da entidade, Esteban Bacelo, á xerente, Ángeles Leirós, e as/os socios/as, estivo o alcalde Alejandro Lorenzo que aproveitou para “recoñecer públicamente o labor de quenes deron o paso para a fundación de Aceesca e de todas as persoas que ao longo case medio século seguiron traballando para mellorar as vidas de tantas persoas”. Lorenzo agradeceu o “labor social que desenvolve esta asociación no municipio, despois de 40 anos traballando da man para facer deste un pobo mellor, non se pode entender O Porriño sen Aceesca. Por iso o Concello estará sempre á vosa disposición porque vós facedes que, pese ás diferencias, sexamos todos iguais”.
No mesmo sentido se manifestou o presidente, Esteban Bacelo, que afirmou que “os logros máis importantes de Aceesca son as oportunidades creadas para as persoas con diversidade intelectual ao longo destes anos, e o que aínda é máis importante, os estereotipos e perxuízos que rompemos”.
Recoñecemento a Maruja Freiría, Tere Veloso, Ramón Martínez e Luz Fernández
O acto recolleu un recoñecemento ás persoas que durante este tempo fixeron camiño con Aceesca. Algún deles participou nunha charla coloquio na que contaron como viviron ser parte deste cambio. Foron Maruja Freiría, madre coraxe, muller comprometida loitadora e promotora de Aceesca dende os inicios; Tere Veloso, filla do fundador de Aceesca Arturo Veloso, implicada non só coa súa senón co proxecto no seu conxunto; Ramón Martínez, traballador do Concello que desde os inicios foi un altavoz para dar a coñecer o proxecto que iniciaba, algo que convertiu nun reto persoal; e Luz Fernández, outra madre coraxe que loitando continuamente por un futuro mellor para o seu fillo implicouse sendo durante máis de 14 anos a presidenta da entidade.
Obxectivo: a integración das persoas con diversidade intelectual
Dende que comezara a súa andadura, nun local dos antigos xulgados cedido polo Concello do Porriño, ata o día de hoxe, que contan coas súas propias instalacións, a entidade porriñesa vén prestando apoio a persoas con diversidade intelectual de dez municipios: O Porriño, Mos, Redondela, Mondariz, Vigo, Ponteareas, As Neves, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e Tui.
Na actualidade Aceesca conta con diferentes centros que prestan servizo a un total del 149 persoas: o Centro Educativo que conta con 29 alumnas/os; o Centro Ocupacional con 37 persoas usuarias, o Centro de Día con 36 persoas usuarias e o Centro Especial de Emprego, que ten un cadro de 63 traballadoras/es dos cales 46 son persoas con diversidade intelectual.
Neste momento a entidade desenvolve dous grandes proxectos dirixidos a mellorar a calidade de vida das persoas con diversidad. Por unha parte a construcción dun Fogar/Residencia en Torneiros con capacidade para 40 persoas que prevén sexa unha realidade en tres anos, e a construcción da Escola Profesional Aceesca que se atopa xa moi avanzada no polígono de As Gándaras.
LUME, a nova marca de Aceesca Emprego
No acto de hoxe presentouse tamén LUME, a nova marca de Aceesca Emprego, un programa co que a asociación quere conseguir máis oportunidades para as persoas con diversidade, non só no seu centro especial de emprego, senón tamén na empresa ordinaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58