GALICIA
Un curso da AGASP para loitar contra incendios en buques atracados en Porto
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou esta semana os 40 participantes nesta formación dirixida a efectivos de servizos de extinción de incendios e salvamento, servizos municipais de protección civil e grupos de emerxencias supramunicipais
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou os 40 participantes no curso de loita contra incendios en buques atracados no porto dirixido a servizos de extinción de incendios e salvamento, servizos de protección civil e emerxencias e grupos de emerxencias supramunicipais (GES). A actividade levarase a cabo nas instalacións do porto de Vilagarcía de Arousa desde hoxe ata o venres cun total de 40 horas.
A formación é un dos cursos convocados pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para os servizos de emerxencias da comunidade no marco do plan de formación continua da entidade, que tamén é centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia.
Preto de 300 cursos para persoal de emerxencias
Segundo o plan de formación previsto para 2023, o persoal dos servizos de emerxencias dispón de case 8.300 prazas para realizar máis de 12.000 horas lectivas nas 280 accións formativas programadas para voluntarios de Protección Civil e efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), así como axentes forestais e ambientais. Inclúese tamén aquí a formación en materia de socorrismo impartida para fomentar a inscrición no Rexistro Profesional de persoal socorrista.
Santiago Villanueva destacou que ás 280 actividades destinadas aos servizos de emerxencias engádense outras 245 no eido da seguridade pública, o que suman máis de medio cento. No caso das forzas e corpos de seguridade, os 245 a axentes de Policía Autonómica, Policía Nacional, Policía Local e Garda Civil dispoñen de 5.750 prazas para recibir máis de 8.300 horas lectivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126